DESEÑA O
O SANTIAGO
DO FUTURO

Qué é Axenda Urbana 2030?
A axenda urbana é o marco de referencia para a planificación estratéxica de Santiago de Compostela para a vindeira década. Trátase dun plan de acción feito por e para a cidadanía.
A elaboración deste documento baséase nas directrices marcadas pola Axenda 2030 de Nacións Unidas, que propón 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Dentro deles, Santiago de Compostela puxo en marcha a creación da Axenda Urbana dentro do ODS 11 Cidades e Comunidades Sostibles, no marco da convocatoria de axudas da elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española , co fin de acadar unha urbe inclusiva, segura e resiliente.
Este proxecto é posible grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos Fondos Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal e da súa Axenda Urbana de España.

O proceso de planificación da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela precisa da participación de toda a cidadanía. Cada achega permitirá que este documento conte coa lexitimación, apropiación e corresposabilidade no desenvolvemento sostible e inclusivo do territorio.
Queremos escoitarte!
Fai aquí a túa achega a través dos formularios ou escribe ao enderezo electrónico axenda2030compostela@gmail.com
Diagnose previa
A elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela requiriu un intenso labor de análise e diagnose da situación do municipio. O estudo baseouse en 10 ámbitos de actuación que se corresponden cos 10 obxectivos estratéxicos que se especifican na Axenda Urbana de España e en consonancia coa nova Axenda Urbana Internacional e os ODS.
Desta diagnose establécense unha serie de retos a cumprir de cara ao 2030. Así, estase a elaborar unha folla de ruta en favor das persoas, da cidade, do planeta e da prosperidade acaída. Algo que non será posible sen a colaboración nin as achegas de toda a cidadanía.

Fase propositiva
Para avanzar na materialización da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, os co-directores executivos, María Cadaval e Santiago Lago, puxeron en marcha 6 Grupos de Impulso e Seguimento (GIS), centrados nas seguintes temáticas:

Leváronse xa a cabo as reunións cos diversos grupos de interese chamados a ter un papel principal na discusión, visibilización e difusión do proxecto e acadar o consenso e compromiso de tódalas partes. Nos devanditos encontros, desenvolvidos no mes de marzo, concretáronse proxectos de vital importancia para o desenvolvemento da cidade do futuro.
Actualidade
Máis de 200 persoas achegáronse ao espazo que a Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela tivo na Maker Faire Galicia, celebrada na Cidade da Cultura. Dende a organización amosan a súa “satisfacción porque a participación foi moi positiva".
A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela vén de iniciar o seu proceso de participación cidadá a través dos formularios en liña que se poden ver na súa renovada web. A nova fase do proxecto presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi.
Continuamos amosándoche os principais conceptos cos que comprenderás máis sobre a importancia da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. Velaquí outros cinco termos cos que te deberás familiarizar para saber máis sobre este documento estratéxico.
A Axenda Urbana 2030 de Santiago é un documento estratéxico que abrangue multitude de aspectos. Co fin de facilitar a comprensión deste proxecto e das súas implicacións, explicámosche, dun xeito sinxelo, 5 conceptos chave cos que comprenderás a información da web.
Es unha persoa implicada co futuro da túa cidade? Gustaríache aportar a túa visión? Precisamos da túa axuda para deseñar o Santiago do futuro! Velaquí están os pasos que debes seguir para poder cubrir o formulario de participación que está pendurado na nosa web.
Coordinados por María Cadaval e Santiago Lago, os devanditos encontros desenvolvéronse durante o pasado mes de marzo na sé do Consello Económico e Social.
A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela pon en marcha a segunda fase da súa elaboración coa apertura do proceso colaborativo. A iniciativa presentouse no Pazo de Raxoi e púxose de manifesto a importancia da participación cidadá