Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Portada » Actualidade » O Consello Económico e Social presentou os avances da Axenda Urbana 2030 de Santiago

O Consello Económico e Social presentou os avances da Axenda Urbana 2030 de Santiago

plaza roja santiago

O Consello Económico e Social do Concello de Santiago, o órgano encargado da participación das asociación e entidades do ámbito socioeconómico no seguimento das cuestión da cidade así como das novas medidas e decisión que se toman de cara ao futuro, celebrou onte un encontro no edificio CERSIA de San Lázaro para presentar os avances no proxecto da Axenda Urbana 2030.

A xuntanza, que estivo presidida polo alcalde de Santiago, Xosé Á. Sánchez Bugallo, centrouse nos derradeiros avances acadados no marco da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, así como nos próximos pasos a dar no proxecto, que presentou a súa codirectora executiva, María Cadaval. Así mesmo, tamén interveu o profesor da USC Melchor Fernández Fernández, que compartiu algúns dos datos máis recentes sobre a situación do mercado laboral e os indicadores vinculados á implantación da Axenda Urbana 2030 na cidade.

Máis aló disto, no acto tamén se deu conta dos principais resultados acadados nas tres iniciativas co deseñadas coas entidades membros do CES no marco do programa municipal Compostela Móvese: o Plan de formación para a mellora empresarial, o Concurso de boas prácticas empresarias e as Actividades de divulgación de boas prácticas empresariais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *