Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

4-Economia circular-Cabecera-100
4-Economia circular-Cabecera-movil-100
DIAGNOSE PREVIA > Economía circular

Xestión sostible dos recursos e economía circular

A análise sobre a xestión sostible dos recursos e a economía circular pon de manifesto os problemas existentes na rede de saneamento e na captación e tratamento de augas pluviais. Por iso, fanse precisas accións neste senso, que poden vir favorecidas por diversos factores. A extensa rede de parques da cidade e o territorio forestal e agrario existente arredor da cidade poden mellorar a xestión do ciclo da auga ao aumentar a súa capacidade de retela. Do mesmo xeito, pódense introducir medidas baseadas na natureza para reter os excedentes de auga, dados os niveis de precipitación medios no municipio.

Xa en materia de tratamento de residuos, detéctase a necesidade de optimizar a recollida selectiva da fracción orgánica, que supón unha porcentaxe superior ao 85% dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU). Porén, si se observa na análise un progresivo incremento no volume de residuos xestionados nos puntos limpos. Ademais, preséntase tamén a oportunidade de tratar este tipo de residuos para a obtención de compost que se podería reutilizar nas zonas verdes da cidade, favorecendo, así, a economía circular.

Uns factores favorecedores que, sumado a modificacións no subministro da enerxía eléctrica municipal e accións para reducir a elevada dependencia dos combustibles fósiles, poden optimizar a xestión sostible dos recursos.

O modelo de recollida de residuos municipal, tamén mudará nos vindeiros meses coa implantación do quinto colector para a recollida de biorresiduos. O Concello de Santiago está nestes momentos elaborando o seu Plan de acción polo clima e a enerxía sustentable (PACES) así coma o seu Plan de Economía Circular.

Retos en materia de economía circular e xestión sostible dos recursos

Aumentar a capacidade de depuración da auga

para favorecer a rexeneración ambiental das ribeiras do río Sar.

Incrementar a dispoñibilidade de redes separativas

e a capacidade de retención de auga para optimizar o seu aproveitamento e para previr e xestionar inundacións.

Actuar sobre a mobilidade e a organización da loxística

e aumentar a capacidade de produción eléctrica (distribuída) para a redución do consumo de combustibles fósiles.

Continuar mellorando a eficiencia enerxética do alumeado público
Mellorar a eficiencia da xestión dos residuos sólidos urbanos

co fin de reducir as emisións e de reducir custos do seu tratamento.

Estender a concienciación entre a poboación

sobre a importancia de utilizar os puntos limpos para o axeitado tratamento dos residuos.