Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Portada » Actualidade » II Edición dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela

II Edición dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela

Abre a convocatoria da II Edición dos Premios á Excelencia Empresarial.

A finalidade dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela é recoñecer e valorar de maneira axeitada as empresas que amosan un gran compromiso coa calidade total. Estes premios, para as empresas, deben representar un estímulo para acadar a excelencia.

Os Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela van dirixidos a todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade.

Convócanse os Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela nas seguintes categorías:

1. Boas prácticas en materia de conciliación.
2. Boas prácticas en materia de economía circular.
3. Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio.
4. Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais.
5. Boas prácticas de empresas de economía social.
6. Boas prácticas que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento.
7. Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá ata o día 31 de outubro de 2023, ás 23:59 horas.

Premios

Cada categoría contará con un premio de 6.000 €.
Haberá nove mencións por importe de 2.000 €.

Bases

Consulta as bases aquí: https://boaspracticasaxendaurbana2030santiago.gal/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *