Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Portada » Actualidade » A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela pon en marcha un curso de formación para axentes socioeconómicos

A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela pon en marcha un curso de formación para axentes socioeconómicos

O Concello de Santiago de Compostela porá en marcha un curso de formación sobre a Axenda Urbana 2030, orientado ao persoal dos axentes socioeconómicos implicados no proceso de construción desta estratexia municipal, así como ao propio persoal do concello.

Este curso, con carácter online, celebrarase entre o 15 de marzo e o 16 de maio e constará de 40 horas de formación, nas que os participantes atoparán o material necesario para desenvolver as súas competencias profesionais e afondar nos contidos máis relevantes da Axenda Urbana. Con este finalidade, e a pesar de tratarse dunha acción de auto formación, os participantes da actividade contarán con apoio externo para abordar as lecturas, os traballos persoais que se propoñen e incluso os procedementos de auto avaliación.

A nivel de contido, o curso estará divido en seis bloques de temáticos:

  1. Dos ODS ás Axendas Urbanas
  2. O desenvolvemento urbano en Europa e o período de programación 2021-2027
  3. A Axenda Urbana Española
  4. O proceso de elaboración da Axenda Urbana
  5. A posta en marcha dunha Axenda Urbana: a nova gobernanza
  6. A avaliación dunha Axenda Urbana

Os obxectivos deste curso son:

  1. Dar a coñecer ao persoal dos axentes socioeconómicos implicados no proceso de construción da Axenda Urbana 2030 os aspectos dun novo escenario, derivado das axendas internacionais, que ofrecen novas oportunidades ás cidades
  2. Transmitir a importancia da implicación das EELL no desenvolvemento das axendas urbanas e no logro das metas dos ODS
  3. Coñecer o enfoque do desenvolvemento urbano en Europa, así como os mecanismos e marcos de financiamento do período 2021-2027
  4. Coñecer os contidos básicos da axenda urbana española
  5. Coñecer o proceso de elaboración e posta en marcha dunha axenda urbana e dun plan estratéxico de acción local

Para participar nesta actividade formativa, as persoas interesadas só teñen que cubrir a folla de solicitude de inscrición que atoparán nesta ligazón, e enviala ao correo electrónico cersia@santiagodecompostela.gal. O prazo de inscrición remata o día 3 de marzo ás 12:00 horas.

3 pensamentos sobre “A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela pon en marcha un curso de formación para axentes socioeconómicos”

  1. Participei nas xornadas anteriores pra elaboración da Axenda Urbana Santiago 2030 e teño interés en seguir partipando pra contribuir a mellora da Cidade.

  2. Parabéns a Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela por lanzar un curso de formación para axentes socioeconómicos! É unha iniciativa excelente para empoderar e capacitar aos profesionais que traballan na promoción do desenvolvemento económico e social da cidade. Estou ansioso por ver como esta formación axudará a crear un futuro máis sostible e equitativo para todos os habitantes de Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *