Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Cabecera GIS 2
Cabecera GIS2-Movil-100
FASE PROPOSITIVA \ GIS 2

GIS Dimensión Cidadá

O segundo encontro da fase propositiva centrouse no Grupo de Impulso e Seguimento de Dimensión Cidadá (GIS 2). Neste caso, as temáticas versaron sobre cuestións como benestar, saúde e cidadanía. Á devandita reunión acudiron unha ducia de representantes de diversos organismos e entidades: Cátedra de Cronicidade da USC; Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Espazo Coop – Unión de Cooperativas Galegas; Fundación Abanca; os grupos locais do BNG, Compostela Aberta e Partido Popular; ; a Universidade de Santiago de Compostela; persoal municipal da área de promoción económica, e a dirección executiva do proxecto, a cargo de María Cadaval e Santiago.

A reunión comezou coa explicación por parte das persoas encargadas da dirección executiva da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela sobre o proceso de elaboración deste documento estratéxico enmarcado no proxecto da Agenda Urbana Española. Coa diagnose como referencia, abriuse o diálogo para iniciar a reflexión compartida.

Cunha clara tendencia ao envellecemento poboacional, Santiago precisa de ferramentas que garantan a cobertura das necesidades para a garantir a calidade de vida das persoas maiores, reforzando aspectos como os coidados sociosanitarios e a economía social ou a redución da fenda dixital. Tal e como se concluíu neste encontro, o Santiago do futuro deberá acadar unha cidade diversa, cohesionada e inclusiva, que atenda á vulnerabilidade, evite a discriminación e elimine a exclusión social, garantindo o acceso aos servizos básicos.

Desde o GIS de Dimensión Cidadá salientaron a importancia de fomentar a implicación da cidadanía reforzando os consellos municipais de participación ou os orzamentos participativos. Unhas accións que se deberán complementar, entre outras, co emprego inclusivo e os usos de locais comerciais e outras edificacións baleiras.