Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Cabecera-Que e Axenda urbana
Cabecera que e axenda urbana-100

Que é a Axenda Urbana?

A Axenda Urbana 2030 é o marco de referencia para a planificación estratéxica  de Santiago de Compostela para a vindeira década. Un plan de acción feito por e para a cidadanía. Tras un labor de diagnose, os desafíos de futuro que se deben atender para o logro da Axenda urbana de Santiago de Compostela 2030, han xurdir da achega de todos os axentes implicados neste proceso. Só así seremos quen de elaborar unha folla de ruta en favor das persoas, da cidade, do planeta e da prosperidade acaída.

Este documento estratéxico está baseado nas directrices marcadas pola Axenda 2030 de Nacións Unidas, que propón 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Dentro deles, Santiago de Compostela puxo en marcha a creación da Axenda Urbana dentro do ODS 11, Cidades e Comunidades Sostibles, co fin de acadar unha urbe inclusiva, segura e resiliente.

Barras
Foto 1-100

“A Axenda 2030 é un plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade. Tamén ten por obxecto fortalecer a paz universal dentro dun concepto máis amplo da libertade. Estamos resoltos a liberar á humanidade da tiranía da pobreza e as privacións, e a sanar e protexer o noso planeta. Tamén se pretende facer realidade os dereitos humáns de todas as persoas e alcanzar a igualdade entre os xéneros e o empoderamento de todas as mulleres e nenas”

– Preámbulo da Axenda 2030 de Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sostible.

Para a elaboración deste plan de acción utilízase a Axenda Urbana Española (AUE) como marco de referencia. Así, establecéronse un total de 10 obxectivos estratéxicos:

  • Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo
  • Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente
  • Previr e reducir os efectos do cambio climático e mellorar a resiliencia
  • Facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular
  • Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible
  • Fomentar a cohesión social e buscar a equidade
  • Impulsar e favorecer a Economía Urbana
  • Garantir o acceso á Vivenda
  • Liderar e fomentar a innovación dixital
  • Mellorar os instrumentos de intervención e a gobernanza

En definitiva, a Axenda Urbana está concebida como unha ferramenta de planificación estratéxica e de gobernanza do Concello compostelán, que contribuirá á implementación da Axenda Urbana de España. Trátase, pois, dun menú á carta para que actores -tanto de carácter público como privado- que interveñen nas cidades e que procuran un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible desde os seus distintos campos de actuación, poidan participar na elaboración dos Plans de Accións. Estes conforman a derradeira das fases de cara á consecución dos obxectivos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. Como fin último, procúrase acadar a sostenibilidade das políticas de desenvolvemento urbanístico para facer da cidade un ámbito de convivencia amable, acolledor, saudable e concienciado.

Foto 2-100

O proxecto de elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela é posible grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos Fondos Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal e da súa Axenda Urbana de España.

Resiliiencia-100
Union europea-100
Logo AUE
Separador
Separador-100

Para o desenvolvemento desta iniciativa estableceuse unha colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Así, a dirección executiva está a cargo de María Cadaval Sampedro e Santiago Lago Peñas.