Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

3-Cabecera-Cambio climático-100
DIAGNOSE PREVIA > Cambio Climático

Cambio Climático e Resiliencia

Nun contexto no que se prevé un incremento de incendios forestais, vagas de calor e inundacións fluviais, e cunha poboación envellecida, Santiago debe botar man dos seus instrumentos de planificación. Estes permiten identificar e xestionar os riscos e vulnerabilidades e, a través deles, poderanse aplicar medidas correctoras co fin de paliar as consecuencias do cambio climático. Unha posición que se pode reforzar integrando nestas accións aos municipios que forman parte da área urbana.

Como complemento, os parques situados no perímetro do borde urbano, con masas vexetais xestionadas e de especies autóctonas, melloran a protección da cidade contra os incendios forestais. O propio modelo urbano tamén está contribuíndo a limitar a dispersión xeneralizada da poboación e está complementado cunha ampla dotación de zonas verdes.

Sen embargo, a maior dispersión poboacional da zona sueste e a presenza de masas forestais non xestionadas, fai preciso tomar medidas ao respecto. Ademais, existe unha alta dependencia do automóbil privado, o que deriva nun incremento das emisións de CO2. Como contrapunto, pódense tomar medidas en materia de resiliencia fronte ao cambio climático afondando na xestión de residuos, un eido aínda pouco desenvolvido no municipio.

3-Foto-Cambio climático-100

Retos en materia de adaptación e mitigación do cambio climático

Actuar sobre a mobilidade e organización da loxística

para reducir as emisións totais do transporte e a afección á calidade do aire.

Aumentar a capacidade de produción eléctrica local
Introducir medidas indirectas que contribúan

a reducir as emisións de sectores como o industrial e o residencial.

Facer máis eficiente a xestión

dos residuos a nivel municipal.

Implementar medidas de adaptación, prevención, alerta temperá

e mellora da capacidade de resposta contra o incremento de incendios forestais e inundacións.

Coordinar cos Concellos da contorna unha resposta aos riscos

derivados do cambio climático e planificar a adaptación en conxunto.

Adaptar o espazo urbano para diminuír os efectos das vagas de calor

sobre a poboación, especialmente tendo en conta o seu perfil cada vez máis envellecido.