Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Axenda Urbana Blanco

ACHÉGATE AO

SANTIAGO

DO FUTURO

Nuevo slogan-GAL
Recurso 40
Logo concello-escritorio
Logo R-blanco
UE-Logo blanco
Logo AUE
Concello blanco
R blanco
Agenda urbana
UE blanco

Qué é Axenda Urbana 2030?

A Axenda Urbana é o marco de referencia para a planificación estratéxica de Santiago de Compostela para a vindeira década. Trátase dun documento feito por e para a cidadanía.

A súa elaboración baséase nas directrices marcadas pola Axenda 2030 de Nacións Unidas, que propón 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Dentro deles, Santiago de Compostela puxo en marcha a creación da Axenda Urbana dentro do ODS 11 Cidades e Comunidades Sostibles, no marco da convocatoria de axudas da elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española , coa fin de acadar unha urbe inclusiva, segura e resiliente.

A Axenda Urbana 2030 estase a desenvolver en 3 etapas: unha diagnose previa -baseada nos 10 obxectivos estratéxicos da Axenda Urbana Española-; unha fase propositiva -coa posta en marcha de 6 Grupos de Impulso e Seguimento (GIS) e a participación cidadá-, e un plan de acción -derivado das achegas realizadas polos axentes implicados e pola propia veciñanza e que plantexa actuacións concretas para o Santiago do 2030-.

Que e Axenda Urbana

Este proxecto é posible grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos Fondos Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal e da súa Axenda Urbana de España.

Plan de recuperación
nextgenerationEU
Agenda urbana
Título participa

O proceso de planificación da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela precisa da participación de toda a cidadanía. Cada achega permitirá que este documento conte coa lexitimación, apropiación e corresposabilidade no desenvolvemento sostible e inclusivo do territorio.

Queres saber máis?

Non te perdas nada sobre o Santiago do futuro coa nosa newsletter.

Estate ao tanto de todas as nosas novidades coa nosa newsletter

FASE 1: Diagnose Previa

A elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela requiriu un intenso labor de análise e diagnose da situación do municipio. O estudo baseouse en 10 ámbitos de actuación que se corresponden cos 10 obxectivos estratéxicos que se especifican na Axenda Urbana de España e en consonancia coa nova Axenda Urbana Internacional e os ODS.

Desta diagnose establécense unha serie de retos a cumprir de cara ao 2030. Así, estase a elaborar unha folla de ruta en favor das persoas, da cidade, do planeta e da prosperidade acaída. Algo que non será posible sen a colaboración nin as achegas de toda a cidadanía.

Foto Santiago
Santiago

FASE 2: Fase propositiva

Para avanzar na materialización da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, os co-directores executivos, María Cadaval e Santiago Lago, puxeron en marcha 6 Grupos de Impulso e Seguimento (GIS), centrados nas seguintes temáticas:

FASE 3: Plan de Acción

A terceira fase da Axenda Urbana 2030 comprendeu a elaboración dun Plan de Acción. Este consta dun total de 39 liñas de actuación divididas en proxectos concretos. As devanditas propostas perseguen contribuír aos 10 obxectivos estratéxicos e aos 30 específicos da Axenda Urbana Española. Parte destas propostas xa se están a executar.

santiago

Actualidade

Abre a convocatoria da II Edición dos Premios á Excelencia Empresarial. A finalidade dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela é recoñecer e valorar de maneira axeitada as empresas que amosan un gran…

O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 continúa a súa andaina coa quinta sesión. Esta terá lugar o vindeiro martes 20 de xuño de 10.00 a 12.30 horas no Espazo Galego da Creatividade (Creativas Galegas, na rúa Caldeirería,…

O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago continúa a súa andaina coa terceira sesión. Desta volta, centrarase na temática do Cambio Climático e a Resiliencia. A cita terá lugar o vindeiro martes 25 de abril entre…

O Centro Xove de Creación Cultural vén de poñer en marcha unha ampla programación de actividades coas que pretenden achegar á mocidade de entre 14 e 35 anos do municipio os proxectos da Axenda Urbana 2030 e os Obxectivos de…

Abre a convocatoria da II Edición dos Premios á Excelencia Empresarial. A finalidade dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela é recoñecer e valorar de maneira axeitada as empresas que amosan un gran…

O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 continúa a súa andaina coa quinta sesión. Esta terá lugar o vindeiro martes 20 de xuño de 10.00 a 12.30 horas no Espazo Galego da Creatividade (Creativas Galegas, na rúa Caldeirería,…