Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Cabecera diagnose
Cabecera-direccion-100

Diagnose Previa

Para saber a onde imos, debemos saber de onde vimos e en que situación nos atopamos. Baixo estas máximas desenvolveuse dende o Concello de Santiago un rigoroso traballo de análise e diagnose previa para a elaboración da Axenda Urbana 2030. O devandito documento foi realizado ao longo do ano 2021 coa participación do persoal técnico da institución municipal e ten un carácter de borrador, posto que debe ser ampliado e corrixido coas aportacións das institucións socioeconómicas do territorio e da cidadanía.

Nos seguintes documentos pódese descargar e consultar toda a información referente aos proxectos que resultan de interese para a acadar esa cidade do futuro apta para todas as persoas.

Principais retos

A nivel xeral, o proceso de análise e diagnose rebelou os tres principais retos para o Santiago da vindeira década e as liñas de actuación que se deberán seguir:

1

Diversificar as bases económicas da cidade acadando un maior peso do sector industrial. Neste senso, proponse establecer sinerxías coa Universidade de Santiago como ente catalizador para incorporar á cidade o talento que sae das súas aulas. Para isto, considérase preciso desenvolver dúas actuacións:

  • Promover o sector biotecnolóxico , proxecto xa iniciado a través do Pacto pola Sionlla coa posta en marcha do Polo Biotecnolóxico de Galicia
  • Potenciar a economía vencellada ao medio ambiente e a economía circular, baseándose en tres eixos: proxecto de rexeneración ambiental a escala territorial, potenciación da produción local a través da xestión forestal, e desenvolvemento
1
2

Recuperar Santiago como cidade para habitar e vivir, atraendo a persoas que opten por residir no municipio. Para isto, cómpre apostar por un modelo urbano que combine o mantemento da vitalidade urbana, a convivencia entre diferentes e a proximidade entre residencia, traballo e servizos a través destas accións:

  • Promover diferentes modalidades de vivendas -para a diversidade de grupos sociais-, cunha axeitada conexión co sistema ambiental e as redes de infraestrutura verde
  • Definir o centro urbano como un espazo compacto e un área de prioridade peonil e de relación de proximidade
  • Recuperar a iniciativa pública na xestión do solo
2
3

Consolidar Santiago como un destino turístico sostible, fomentando que as persoas visitantes poidan participar do modo de vida dunha cidade amable. Para isto, procúrase a desconcentración da actividade turística a través da definición dun sistema de infraestrutura verde territorial que, xunto con accións que permitan completar o sistema de aneis verdes urbanos, daría soporte á implantación de novas actividades no territiorio.

3

Análise detallada

A devandita diagnose previa e análise realizouse sobre 10 temáticas, coincidindo cos obxectivos estratéxicos que a Axenda Urbana Española (AUE) usa como marco de referencia. Podes premer en cada unha das temáticas para coñecer polo miúdo a diagnose e os principais retos aos que se enfronta Santiago de Compostela a través da Axenda Urbana 2030:

Foto1-100

En decembro de 2021 o Concello de Santiago recibe para este proxecto unha axuda no marco da convocatoria de axudas para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos Fondos Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal e da súa Axenda Urbana de España.

Esta axuda permitirá completar o proceso de elaboración desta Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, así como a revisión e actualización da diagnose xa realizada.