Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Portada » Actualidade » Boa acollida á primeira xornada dos Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago

Boa acollida á primeira xornada dos Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago

EncontrosEmprendedores01AxendaUrbana2030

O Mercado Galego da Creatividade acolleu onte a primeira sesión dos Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. Esta cita contou cunha boa acollida por parte das persoas asistentes, que tamén se animaron a participar de xeito activo na aportación de propostas e ideas para mellorar a cidade do futuro.

O primeiro encontro, centrado na temática Territorio, paisaxe e biodiversidade, tomou como exemplo a experiencia de 7H Cooperativa Cultural, representada por Clara Cordeiro. Os seus proxectos xiran en torno á dinamización territorial a través da arte, poñendo ofoco na importancia do cumunitario, no apego ao territorio e nos procesos. Para ilustrar as iniciativas desenvoltas por esta cooperativa, Clara Cordeiro explicou diferentes proxectos levados a cabo como o de Mutacións urbanas, Elas tamén pintan ou Utópicas: arte e territorio. Todas elas experiencias concretas e inspiradoras na transformación do territorio.

Tras este relatorio, abriuse unha segunda parte do encontro, altamente participativa. As persoas asistentes tiveron a oportunidade de partillar as súas ideas sobre como abordar os retos -plasmados na diagnose da Axenda Urbana 2030 de Santiago- asociados ao territorio, paisaxe e biodiversidade na comarca compostelá. Estes son:

  • Reto 1. Necesidade de conter a dispersión urbana e dunha planificación conxunta da área urbana, máis alá dos plans de escala municipal
  • Reto 2. Necesidade de articular unha área urbana policéntrica reforzando os núcleos urbanos densos da periferia e favorecendo a súa complexización funcional. Favorecer con iso unha maior autosuficiencia destes núcleos e un funcionamento en rede do conxunto da área urbana, menos dependente de dinámicas pendulares centro-periferia
  • Reto 3. Necesidade dunha revitalización do espazo rural que pase pola súa reactivación produtiva, a súa dinamización social e a posta en valor do patrimonio cultural e natural
  • Reto 4. Necesidade de favorecer a conectividade ambiental do conxunto da area urbana e dunha rexeneración ambiental da periferia, que teña a rede hídrica e, en especial, o río Sar, como eixe articulador

Neste senso, plantexáronse varias preguntas que como que actuacións e ideas se poderían pór en marcha e que se precisaría para executalas, ademais de que apoios serían precisos para isto. Entre as propostas salientan algunhas como o fomento de vivienda pública de alugueiro na zona urbana; favorecer que as novas construcións non estean tan illadas; o desenvolvemento de proxectos sociais e comunitarios nos barrios rurais; iniciativas de educación ambiental para a mocidade, ou centros de atención interxeracional.

O vindeiro Encontro Emprendedor terá lugar o día 21 de marzo e podéste inscribir nesta ligazón. A temática para esta ocasión será o Modelo de Cidade, correspondente ao eixo 2 da Axenda Urbana Española.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *