Abre a convocatoria da II Edición dos Premios á Excelencia Empresarial.
A finalidade dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela é recoñecer e valorar de maneira axeitada as empresas que amosan un gran compromiso coa calidade total. Estes premios, para as empresas, deben representar un estímulo para acadar a excelencia.
Os Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela van dirixidos a todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade.
Convócanse os Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela nas seguintes categorías:
1. Boas prácticas en materia de conciliación.
2. Boas prácticas en materia de economía circular.
3. Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio.
4. Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais.
5. Boas prácticas de empresas de economía social.
6. Boas prácticas que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento.
7. Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá ata o día 31 de outubro de 2023, ás 23:59 horas.
Premios
Cada categoría contará con un premio de 6.000 €.
Haberá nove mencións por importe de 2.000 €.
Bases
Consulta as bases aquí: https://boaspracticasaxendaurbana2030santiago.gal/