Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Axenda Urbana Blanco

DISEÑA EL

SANTIAGO

DEL FUTURO

Flecha blanca participa
Título Cabecera entero
Logo concello-escritorio
Logo R-blanco
UE-Logo blanco
Logo AUE
Concello blanco
R blanco
Agenda urbana
UE blanco

Formulario participación Axenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

    A Axenda Urbana de Santiago de Compostela será o marco de referencia estratéxica da cidade que guiará o rumbo na vindeira década. O plan, que se circunscribe na Axenda 2030 europea e española, está concibido coma un conxunto de accións a favor das persoas, o planeta e a prosperidade dentro do marco de ODS desenvolvido polas Nacións Unidas no que están chamados a participar as autoridades e a sociedade civil no seu conxunto.

    Dende o punto de vista formal, o proceso de elaboración da axenda urbana de Santiago de Compostela está conformado por tres fases. A primeira delas é a Fase de Diagnose, xa rematada, cuxo documento se pode consultar premendo nesta ligazón.

    A segunda Fase é a Propositiva, que se desenvolve na actualidade. Este é o momento de identificar e deseñar as liñas estratéxicas de actuación para acadar a Compostela do 2030. Porén, este formulario que se acompaña ten como obxectivo recadar a participación de tódalas persoas, institucións, grupos de interese, etc. e deseñar as liñas estratéxicas de actuación e as accións concretas para a súa consecución.

    As actuacións identificadas neste proceso deben pasar por un contraste e discusión entre tódolos axentes políticos e sociais participantes e o resultado formará parte da axenda de prioridades da cidade na próxima década. A formulación de participación conta cunha metodoloxía asistida a través deste formulario que, unha vez enviado e aceptada a cesión (ou non) dos datos, a persoa participante será informada por correo electrónico do desenvolvemento do proceso e terá a posibilidade de contactar co equipo de dirección do traballo para partillar as cuestións que se consideren oportunas.

    O formulario ten como finalidade identificar as propostas, desenvolver a súa metodoloxía na medida do posible e priorizalas. É un documento aberto, de carácter cualitativo, polo que as preguntas abarcan un amplo espectro. A organización das cuestións segue o mesmo criterio que os 6 Grupos de Impulso e Seguimento (GIS) que foron creados e que comprenden os temas seguintes: 1. Economía, 2. Dimensión cidadá, 3. Mobilidade e territorio, 4. Cohesión social, 5. Educación, patrimonio e arte 6. Sustentabilidade e transición verde, con dous temas transversais a todos eles: igualdade de xénero e transformación dixital.

    Por favor, indica os teus datos sociodemográficos:

    Xénero:

    Localidade:

    Outra localidade:

    Idade:

    Nivel de estudos:

    ¿Vives no concello?

    Desexas que che sexan enviadas as novidades relativas ao proceso da fase propositiva

    En caso afirmativo indica o enderezo electrónico:

    Responde a todas ou algunhas das cuestión formuladas para cada un dos GIS o para aquel en concreto no que desexas participar:

    ECONOMÍA: BASE ECONÓMICA, MODELO PRODUTIVO, ECONOMÍA CIRCULAR E INNOVACIÓN

    A transición económica que se está a vivir precisa de explorar novos modelos de produción a través dos que se procure a maior eficiencia e sustentabilidade. A ligazón entre os vimbios do coñecemento e a innovación poden aportar a Compostela novos modelos disruptivos que aposten pola conxunción das TICs ao tempo que se transite dende o actual modelo lineal cara outro circular. Uso eficiente dos recursos, xestión dos residuos, consumo responsable e modelos de negocio que aproveiten o potencial da cidade a través dun xeito de facer que Santiago debe elixir e sobre o que a cidadanía se debe pronunciar. Que base económica se debe procurar? A través de que modelos produtivos?

    Que avances propós para transitar cara a unha economía circular?

    1. Como deberá concibirse a base económica de Santiago de Compostela?

    2. É sostible o modelo económico de Compostela?
    SiNon
    3. Aproveita axeitadamente as actividades tractoras e de alto valor engadido?
    SiNon
    4. Consideras que debe haber un cambio de patróns produtivos e de consumo que favorezan a circularidade?
    SiNon
    5. Estanse aplicando principios da economía circular no deseño da transformación urbana?
    SiNon
    6. Conta Santiago con marcos reguladores suficientes para a implantación dun modelo económico circular?
    SiNon
    7. Que tipo de innovacións che gustaría apuntar para a transformación da base e o modelo produtivo da cidade?

    8. Cal consideras que debe ser a configuración da estrutura económica do concello?

    9. Consideras que a cidade está preparada para a transformación económica que se está a producir?
    SiNon
    10. Que sectores consideras máis fortes?    E cales máis febles?

    11. Outras aportacións


    DIMENSIÓN CIDADÁ, BENESTAR, SAÚDE E CIDADANÍA

    A garantía dunha cidade diversa, cohesionada e inclusiva é o signo de vangarda das urbes máis adiantadas do mundo. Atender a vulnerabilidade, evitar a discriminación e eliminar a exclusión, ao tempo que garantir o acceso aos servizos básicos e fundamentais para todas as persoas debe formar parte da folla de ruta da cidade de Santiago de Compostela.

    Cales deben ser as metas? De que xeito se poden acadar?

    1. Consideras axeitada a situación actual das relacións sociais existentes?
    SiNon
    2. Está supeditada a función social da cidade a intereses diferentes da propia cidadanía? En caso afirmativo, a cales?
    SiNon

    3. Debera estar na axenda municipal a renaturalización dos seus espazos urbanos?
    SiNon
    4. Podería mellorarse a organización das funcións da cidade para que a cidadanía gañe en benestar?
    SiNon
    5. Está preparada a cidade para afrontar o envellecemento demográfico en tódalas súas etapas?
    SiNon
    6. E a xente nova, está integrada na cidade?
    SiNon
    7. Están contempladas accións diferenciadas en función das necesidades de homes e das mulleres?
    SiNon
    8. É Compostela unha cidade amigable para as persoas?
    SiNon
    9. Conta con programas de benestar e saúde para a cidadanía?
    SiNon
    10. Os cidadáns teñen sentimento de pertenza ao grupo? SiNon    Senten orgullo de ser composteláns? SiNon
    11. Outras aportacións


    MOBILIDADE E TERRITORIO: CIDADE COMPACTA, COHESIONADA E CONECTADA

    A cidade compacta, cohesionada, conectada e accesible é aquela capaz de conseguir contornas urbanas de calidade, con densidades axeitadas e a proximidade necesaria de bens e servizos que a cidadanía demanda. Para conseguila cómpre asegurar un servizo de transporte ben concibido, equipamentos intelixentes e espazos públicos de calidade onde a xente viva e conviva, barrios mellorados, uso de recursos optimizados, etc.

    Cales son as túas propostas para conseguilo?

    1. Está cohesionada a cidade de Santiago de Compostela?
    SiNon
    2. Consideras que o modelo de conectividade é o axeitado?
    SiNon
    3. A mobilidade dentro do Concello é axeitada? SiNon    E fóra? SiNon
    4. Como percibes a calidade do aire?

    5. Ves necesaria a implantación de zonas de cero emisións?
    SiNon
    6. Os cidadáns están preparados para asumir a transición tecnolóxica e dixital?
    SiNon
    7. E na vivenda, existen tensión habitacional? SiNon    De habela, cales son as súas propostas?

    8. Como se pode garantir o dereito á vivenda de tódolos cidadáns?

    9. Está o rural integrado na vida da cidade? SiNon    De non estalo, de que xeito se podería integrar?

    10. O acceso ás novas tecnoloxías é un feito en todo o territorio municipal?
    SiNon
    11. Outras aportacións


    COHESIÓN SOCIAL: INCLUSIÓN, EQUIDADE E XUSTIZA SOCIAL

    A integración urbano-rural de Santiago constitúe unha prioridade dende o punto de vista da inclusión, equidade e xustiza social. Un trípode que debe procurarse entre ámbitos diferentes pero tamén dentro de cada unha das zonas que se identifiquen. A necesidade de recuperar un sentimento identitario forte pasa por un reforzo colectivo e inclusivo, no que a política económica, social e educativa han de ir da man, na procura dunha igualdade real.

    Cales son as súas achegas para acadalo?

    1. Existe cohesión entre o ámbito rural e urbano da cidade?
    SiNon
    2. Hai un problema de abandono do rural compostelán?
    SiNon
    3. Cómpre facer esforzos adicionais para mellorar a gobernación territorial?
    SiNon
    4. Detectas algún problema de inclusión social? SiNon    De ser así, a que colectivo ou colectivos afecta?

    5. Aprecias algunha situación de feminización do empobrecemento? SiNon    E da soidade? SiNon
    6. Consideras que hai pobreza enerxética no concello?
    SiNon
    7. Está preparada a cidade para absorber o impacto das novas tecnoloxías? SiNon    E a cidadanía? SiNon
    8. Os mecanismos de escoita establecidos son suficientes para dar voz á cidadanía ou grupos de interese?
    SiNon
    9. Consideras que Santiago é un concello seguro? SiNon    Debería facerse algunha actuación neste senso? SiNon
    10. Hai ámbitos de economía informal na cidade? SiNon    A que sectores afecta?
    11. Está garantida a equidade e xustiza social?
    SiNon
    12. Outras aportacións


    EDUCACIÓN, PATRIMONIO E ARTE: CONSERVACIÓN, DINAMIZACIÓN E POSTA EN VALOR

    A educación é a base do desenvolvemento dunha sociedade porén é tan importante prestar atención ao mapa escolar, oferta educativa en sentido amplo e a súa adaptación aos movementos e realidades demográficas da cidade e do contexto global. A isto, Santiago debe engadir un patrimonio rico e variado que debe coidar e conservar, ademais de dinamizar e poñer en valor.

    Como se deben afrontar estes fitos durante os próximos anos?

    1. Consideras acaído o mapa escolar de Santiago? SiNon    Correspóndense as zonas de escolarización cos asentamentos da poboación? SiNon
    2. Utilizas os comedores escolares? SiNon    Gustaríache que a alimentación das rapazas e rapaces fose de proximidade e incorporase basicamente produto local? SiNon
    3. Como ves os espazos comúns e compartidos?    Suficientes? SiNon    Están ben organizados? SiNon
    4. O alumeado público é correcto? SiNon    Proporía algún cambio?
    5. Coñeces o patrimonio de Santiago? SiNon    Considera que o acceso que existe aos bens patrimoniais está ben administrado e posto en valor? SiNon
    6. Como é a conservación do patrimonio en Santiago?    Debera existir unha política de conservación preventiva? SiNon
    7. As actividades culturais teñen o lugar que lle corresponde a unha cidade como Compostela?
    SiNon
    8. Hai suficientes áreas peonís? SiNon    Ou é preciso a peonalización doutras áreas?
    9. A mocidade está identificada coa súa cidade?
    SiNon
    10. Botas de menos algunha infraestrutura que sería necesaria para Santiago de Compostela?
    SiNon
    11. E o patrimonio verde?    Está valorizado? SiNon    Habería que facer algunha actuación neste senso? SiNon
    12. Consideras suficientes as políticas culturais existentes? SiNon    Ten algunha proposta?
    13. Outras aportacións


    SUSTENTABILIDADE E TRANSICIÓN VERDE

    Asegurar cidades ben articuladas e conectadas co seu territorio implica prestar unha atención especial aos espazos naturais, preservar os ecosistemas e mellorar as infraestruturas verdes, coa protección e fomento da diversidade que se require. Mellorar a xestións do risco ante a emerxencia climática e prever os efectos e impactos do cambio climático é un dos fitos que ha de contemplar a Axenda Urbana de Compostela 2030.

    De que xeito se pode acadar?

    1. Preocúpanche os efectos do cambio climático?
    SiNon
    2. Téñense en conta os indicadores do cambio climático no deseño dos hábitats urbano?
    SiNon
    3. Existen políticas eficientes para a protección do patrimonio natural da cidade?
    SiNon
    4. Consideras que Compostela deba contar cun plan enerxético municipal? SiNon    E unha empresa enerxética municipal? SiNon
    5. Hai incentivos e apoios suficientes para que a cidadanía faga cambios nos seus fogares de cara a unha transición verde?
    SiNon
    6. Demandarías un servizo de apoio municipal para tramitar as axudas que afectan ás infraestruturas de transición verde?
    SiNon
    7. A xestión de recollida de lixo é acaída? SiNon    Cambiaría algo?
    8. E a xestión do ciclo da auga? SiNon    O subministro e a recollida de augas é sustentable? SiNon    Consideras que deberá cambiarse algo?
    9. A mobilidade contempla un modelo sustentable? SiNon    Ten algunha proposta?
    10. E o reparto de mercadorías e paquetería? SiNon    Cómpre facer cambios?
    11. Estarías disposto/a a facer cambios nos teus hábitos de mobilidade e de consumo coa fin de axudar a unha transición verde?
    SiNon
    12. Apostarías por unha alimentación de Quilómetro cero aínda que iso significase un incremento do prezo dos alimentos?
    SiNon
    13. Outras aportacións