Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

8-Vivienda-Cabecera-100
8-Vivienda-Cabecera-movil-100
DIAGNOSE PREVIA > Vivenda

Vivenda

A análise neste eido pon de manifesto a existencia dunha ampla porcentaxe de vivenda baleira, e cunha capacidade limitada por parte do Concello para intervir no mercado inmobiliario, tras a desaparición da empresa municipal de vivenda. Porén, si existe a posibilidade de mobilizar eses inmobles baleiros para mellorar o acceso aos mesmos, reforzando estas accións con programas de axuda á rehabilitación e renovación do parque residencial. Ademais, existe solo urbanizable, ben conectado coa cidade existente, que pode servir para desenvolver novas políticas neste eido.

Por outra banda, a progresiva carestía dos prezos de alugueiro e a inexistencia dun parque público para este tipo de inmobles levan ao éxodo a municipios lindeiros. Ademais, os novos modelos de familia, máis cambiantes e con menos integrantes, fai difícil a adaptación do parque de vivendas existente ás súas necesidades. Sen embargo, o Concello conta cun solo edificable residencial que podería ser a base para un parque de vivenda de alugueiro.

Relacionado co fenómeno da turistificación, ponse de manifesto a problemática do dobre uso das vivendas para visitantes e estudantes. Unha situación que se podería xestionar grazas á capacidade do Concello e da súa equipa técnica para a xestión do solo en desenvolvemento das previsións contidas no planeamento urbanístico.

8-Vivienda-Foto 1-100

Retos en materia de vivenda

Incrementar o parque de vivendas a través de novos solos residenciais

ou a mobilización de inmobles baleiros, establecemento fórmulas e instrumentos de xestión que favorezan a creación dun parque público de alugueiro que permita frear as subas de prezos e o acceso á vivenda a colectivos vulnerables.

Xerar unha oferta de vivenda máis diversificada,

adaptándose ás novas tipoloxías de familia, a través de novos desenvolvementos ou transformando o parque existente na cidade consolidada e introducir criterios de diversidade social naqueles espazos onde actúe a iniciativa pública de xeito directo ou indirecto.

Crear instrumentos que permitan integrar e fomentar

o tecido social cooperativo de vivenda na cidade.

Continuar e ampliar os programas de axudas públicas para a rehabilitación,

a mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade universal á vivenda, evitando que se produzan desprazamentos de residentes por outros de maior poder adquisitivo.

Protexer o uso residencial como prioritario nas zonas sometidas á presión turística,

dado o risco de turistificación existente no Casco Histórico e que se está a estender a áreas lindeiras.