Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

DIAGNOSE PREVIA > Territorio

Territorio, paisaxe e biodiversidade

A análise dos distintos aspectos relacionados con estas temáticas rebelan que Santiago conta cun perfil poboacional envellecido, ao contrario do que sucede en áreas lindeiras como o Val da Maía. Esta tendencia implica ter que desenvolver políticas públicas que inclúan es necesidades deste grupo poboacional e non só de tipo de asistencial, xa que a idade media da poboación compostelá se atopa actualmente na franxa de entre 40 e 54 anos. Porén, tanto o centro urbano santiagués como os grandes núcleos urbanos da periferia contan cunha configuración física que favorece a mobilidade peonil e en transporte público.

Os elevados niveis de envellecemento e o asentamento da poboación máis nova nos municipios da área metropolitana de Santiago, leva a que o centro da cidade vexa unha diminución no tamaño medio do fogar, unha tendencia á alza de cara á vindeira década. A isto cómpre engadir a dispersión da poboación na metade norte do municipio, moi envellecida e pouco integrada nas dinámicas da área urbana. Tamén nos municipios da contorna existe unha importante porcentaxe de vivendas unifamiliares, o que complica os labores de conectividade e obriga a ter unha forte dependencia do automóbil privado para os desprazamentos.

Por outra banda, Compostela conta con amplas zonas verdes, contando co río Sar como o punto de unión no eixo territorial norte-sur, conectando as concas do Tambre e do Ulla. Ademais, o municipio dispón dunha paisaxe agraria tradicional e fértil que, se ben está sometida a unha tendencia ao abandono e a ser mudada por explotacións forestais, si ofrece posibilidades da súa posta en valor como espazo produtivo dentro do sector primario.

1-Territorio-Foto-1_1-100

Retos en materia de territorio, paisaxe e biodiversidade

Conter a dispersión urbana,

planificando de xeito conxunto a área urbana, alén do espazo puramente municipal, favorecendo, así, un menor uso do vehículo privado.

Crear unha área urbana policéntrica,

reforzando os núcleos urbanos densos da periferia e favorecendo a súa autosuficiencia e incorporándoos ao conxunto da área urbana, resultando un modo menos dependente das dinámicas centro-periferia.

Revitalizar o espazo rural,

a través da reactivación produtiva, a súa dinamización social e a posta en valor do patrimonio cultural e natural, procurando a repoboación da parte norte do municipio.

Favorecer a conectividade ambiental de Santiago e da periferia,

tomando o río Sar como eixo integrador das grandes áreas naturais protexidas e dos espazos verdes.