Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Portada » Actualidade » Os Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago continúan o 21 de marzo baixo a temática Modelo de cidade

Os Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago continúan o 21 de marzo baixo a temática Modelo de cidade

SegundoEncontroEmprendedorAxendaUrbana2030

O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago continúa a súa andaina o vindeiro martes 21 de marzo. A cita será no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas) entre as 10.00 e as 12.00 horas. A asistencia é de balde, previa inscrición a través do seguinte formulario en liña.

A segunda xornada centrarase na temática de Modelo de Cidade e contará coa participación de Mercedes Vázquez Bartomeu, historiadora e veciña do barrio de San Pedro, e Luciano González Alfaya, arquitecto e planificador de estratexias territoriais para a transformación urbana sostible. As persoas asistentes ao encontro poderán compartir reflexións e ideas que enmarquen os elementos tractores do modelo de cidade.

Durante a sesión, conversarase sobre os retos que aborda a Compostela do futuro, enfocando o debate cara a participación veciñal na definición do modelo de cidade. Tamén se tomará como referencia o proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030, no que se identificaron cuestións que definen cal é actualmente o modelo de cidade, en referencia á distribución da poboación no territorio, os equipamentos e servizos disponibles, e os espazos de oportunidade para a transformación urbana na cidade.

Ao longo do 2023, o Concello de Santiago celebrará un ciclo de 10 Encontros Emprendedores que dean continuidade á construcción do Santiago do futuro. A celebración destes Encontros ten un dobre obxectivo: por unha banda, dar a coñecer o Plan de Acción da Axenda Urbana 2030; por outra, establecer un espazo de encontro, diálogo e debate entre experiencias inspiradoras que están a desenvolver a súa actividade atendendo aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Para máis información, pódese enviar unha consulta ao enderezo electrónico encontrosaxendaurbana2030@gmail.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *