Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

5-Mobilidade-Cabecera -100
5-Mobilidade-Cabecera movil-100
DIAGNOSE PREVIA > Mobilidade

Mobilidade e Transporte

Unha das principais eivas que se detecta no eido da mobilidade e do transporte é a excesiva dependencia do automóbil privado, especialmente nos casos dos desprazamentos desde os municipios lindeiros de Ames e Teo. Ademais, a diversidade de orixes nos desprazamentos a Compostela dificulta a dotación de transporte público en extensas áreas do territorio municipal e metropolitano. Esta situación deriva en problemas de conxestión do tráfico e de dificultades para atopar estacionamento na cidade.

Por contra, Santiago dispón dunha estación intermodal ben localizada e que facilita o acceso á cidade desde distintos puntos, sendo tamén chave no eixo atlántico ferroviario galego. A isto cómpre sumar que a cidade é compacta e facilita o tránsito peonil, polo que permite reforzar a peonalización da urbe, complementándoo cunha rede de aparcadoiros disuasorios.

Por outra banda, a optimización do servizo do transporte público ten entre as súas ferramentas a existencia dunha empresa municipal de transporte e de instrumentos para establecer sinerxías cos municipios da periferia. Ademais, a localización dos novos solos de actividade empresarial tamén precisan dunha rede de transporte público que facilite os desprazamentos a estas áreas.

Retos en materia de mobilidade e transporte

Continuar a aposta por un centro urbano peonil

que se complemente por unha rede ciclista para conectar centro e periferia, con especial interese nos campus universitarios, o hospital ou os polígonos industriais.

Consolidar a intermodalidade na cidade

e optimizar as conexións co aeroporto de Lavacolla para multiplicar as alternativas ao vehículo privado.

Reforzar o transporte público na cidade,

con especial interese nos núcleos urbanos densos da periferia para paliar a dependencia do uso de automóbil.

Revisar a previsión de novas áreas residenciais

para favorecer modelos de desenvolvemento urbanístico orientados ao transporte público.

Actualizar os instrumentos de planificación en materia de mobilidade

e fomentar unha gobernación máis activa que se coordine cos municipios da área urbana e que incorpore a participación pública.