Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

10-Gobernanza-Cabecera-Movil-100
DIAGNOSE PREVIA > Gobernación

Gobernación

A diagnose neste eido detecta a existencia dun corpo normativo municipal amplo, variado e actualizado, aínda que hai certas partes concretas desactualizadas e con escasa incorporación de novas perspectivas conceptuais e/ou técnicas. A isto último súmase a falla de normativas que traten de xeito integral grandes ámbitos temáticos.

A condición de Santiago como eixo central da bisbarra fai necesario o establecemento dun marco de planificación territorial a escala metropolitana e de mecanismos de coordinación horizontal a nivel municipal. Ferramentas que na actualidade non existen, aínda que si hai organismos de gobernación multinivel de coordinación vertical moi consolidados, como o Consorcio de Santiago. Ademais, existe a posibilidade legal de desenvolver organismos de coordinación horizontal con carácter global ou restrinxido a temáticas de interese a nivel de área urbana.

No que á participación cidadá se refire, detéctase un risco de abandono deste tipo de iniciativas, pero que se poden paliar utilizando organismos de carácter transversal como o Consello Económico e Social. Neste caso, podería actuar de interlocutor entre a administración local e a sociedade civil co fin de desenvolver iniciativas nas que participen ambas as dúas partes dun xeito activo.

10-Gobernanza-Foto-1-100

Retos en materia de gobernación

Establecer conexións entre ordenanzas municipais agrupándoas por eixos temáticos

que garantan a coherencia normativa, a capacidade de actualización e adaptación aos cambios lexislativos, facilitando, ademais, a introdución de novas perspectivas.

Inducir transformacións e novos hábitos de comportamento entre a cidadanía

utilizando a política fiscal como panca, desenvolvendo un marco normativo das contribucións especiais que faciliten a recuperación de plusvalías que contribúan a financiar os procesos de transformación urbana.

Consolidar as experiencias de participación cidadá e mecanismos de transparencia e información

que favorezan a introdución da administración municipal nunha cultura de seguimento e avaliación na procura da mellora continua na acción pública.

Explorar fórmulas de cooperación entre os municipios da área urbana,

configurando unha gobernación multinivel establecendo un marco de toma de decisións con capacidade de operar sobre todos os temas fundamentais que afectan a Santiago.