Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Cabecera GIS 6-100
Cabecera GIS6-Movil-100
FASE PROPOSITIVA \ GIS 6

GIS Sustentabilidade e Transición Verde

A última das reunións foi a correspondente ao Grupo de Impulso e Seguimento de Sustentabilidade e Transición Verde (GIS 6). Nesta sesión participaron unha ducia de persoas que representaban ás seguintes institucións e entidades: ADEGA; integrantes do goberno do Concello de Santiago; os grupos locais do BNG, Compostela Aberta e Partido Popular; os sindicatos Comisións Obreiras e Labrego; o  Grupo GAME da Universidade de Santiago de Compostela; así como persoal municipal das áreas de benestar ambiental e promoción económica, e María Cadaval e Santiago Lago, ao cargo da dirección executiva deste documento estratéxico.

Tras unha breve introdución sobre o proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, enmarcada no proxecto da Agenda Urbana Española, pasouse á quenda de aportacións. Baixo o prisma común da importancia de asegurar cidades ben articuladas e conectadas co seu territorio, falouse sobre a axeitada xestión dos espazos naturais, a preservación dos ecosistemas e a mellora das infraestruturas verdes, coa protección e fomento da diversidade que isto require.

Foto 1 GIS 6-100

Tal e como se desprendeu deste derradeiro encontro, para acadar os principios de sustentabilidade e transición verde, Santiago deberá prestar atención a cuestións como o modelo alimentario e as hortas urbanas; as posibilidades da compostaxe comunitaria; a xestión de residuos e de augas residuais e pluviais, ou o patrón de consumo e produción de enerxía no Concello. 

Para acadar ese Santiago do futuro cómpre, ademais, mellorar a xestión do risco ante a emerxencia climática e prever os efectos e impactos do cambio climático. Neste senso, debateuse sobre as estratexias de mobilidade sostible e de infraestruturas verdes -con especial interese no Plan director de Zonas Verdes- e sobre a necesidade de programas de sensibilización e formación de axentes neste ámbito.

Foto 2 GIS 6-100