Fase propositiva
Unha vez que feita a diagnose e co obxectivo de identificar e deseñar as liñas estratéxicas de actuación, é o momento de socializar o informe con tódolos actores, co obxectivo de compartilo pero, sobre todo, implicalos no proceso de deseño das liñas e accións concretas de actuación para a consecución dos obxectivos que se marquen para a Compostela do 2030.
Os procesos de planificación que implican de xeito activo a tódolos actores en cada unha das súas fases teñen garantida a lexitimación e corresponsabilidade no desenvolvemento sostible e inclusivo do territorio. Porén, a partires do segundo trimestre do 2022 ábrese o debate á cidadanía coa intención de captar a súa visión sobre os aspectos fundamentais que debe incluír a Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e crear un marco de debate que consiga os obxectivos que marca a Axenda Urbana das Nacións Unidas.
Obxectivos do proceso participativo
Detectar
Recoller
Para avanzar na materialización da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, os co-directores executivos, María Cadaval e Santiago Lago, mantiveron durante o mes de marzo reunións cos diversos grupos de interese chamados a ter un papel principal na discusión, visibilización e difusión do proxecto e acadar o consenso e compromiso de tódalas partes.
Para iso foron creados 6 Grupos de Impulso e Seguimento (GIS), todos eles tendo a igualdade de xénero e a transformación dixital como temas transversais, que están centrados en:
Nos devanditos encontros participaron máis de medio cento de representantes dos distintos sectores chave para o futuro da cidade. As súas achegas serviron como base para a creación do formulario de participación cidadá co que se pretende que todas as persoas interesadas en acadar o Santiago do futuro que queren poidan manifestar a súa opinión sobre as distintas temáticas de interese.
Coa imprescindible participación de toda a cidadanía será posible que o proceso de planificación da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela teña a lexitimación, apropiación e corresponsabilidade no desenvolvemento sostible e inclusivo do territorio. Para poder participar neste proceso, invitámosche a cubrir este formulario.