Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Cabecera
Cabecera

Protección de datos persoais e privacidade

A información que se amosa nesta páxina é de aplicación con carácter xeral a todas as actividades de tratamento de datos persoais realizados polo Concello, salvo nos casos nos que se inclúa información específica.

 

1.Responsable do tratamento de datos

Entidade: Concello de Santiago de Compostela
CIF: P1507900G
Enderezo: Praza do Obradoiro 1, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981542300

Delegado de protección de datos: dpd@santiagodecompostela.gal

 

2.Rexistro de actividades de tratamento

O rexistro de actividades de tratamento será publicado en breve neste apartado. Pode acceder a información específica sobre determinadas actividades de tratamento nos enlaces seguintes:

 

3.Portal axendaurbana2030santiago.gal

Pode acceder a información específica sobre o portal web municipal santiagodecompostela.gal no enlace “Aviso legal” que pode atopar na páxina principal.

 

4.Exercicio de dereitos

As persoas interesadas cuxos datos estean a ser tratados polo Concello poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia.

Para o exercicio destes dereitos, a persoa interesada poderá presentar unha solicitude dirixida ao alcalde por rexistro, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (a oficina principal do Rexistro Xeral atópase en Presidente Salvador Allende 4 baixo, 15705, Santiago de Compostela).

Os usuarios e usuarias poden poñerse en contacto co delegado de protección de datos pola mesma canle ou a través do enderezo de correo electrónico dpd@santiagodecompostela.gal se considera que algún dos seus dereitos non se ten atendido correctamente.

Así mesmo, tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, mediante escrito dirixido a: Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid, ou accedendo á sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

 

5.Lexislación aplicable

A principal lexislación sobre protección de datos persoais é a seguinte: