Plan de Acción AUS 2030
O Plan de Acción da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela consta dun total de 39 liñas de acción, cada unha das cales contempla unha serie de actuacións. Estas contribuirán a alcanzar os 10 obxectivos estratéxicos e os 30 específicos da Axenda Urbana Española.
A continuación, ofrecémosche un resumo das liñas de actuación incluídas en cada unha das seis dimensións da Axenda Urbana 2030 de Santiago. Dentro de cada unha delas, poderás consultar os principais proxectos e accións que se prevén desenvolver para acadar a Compostela do 2030, parte dos cales xa están en execución.
Accións:
- Diversificar as bases económicas da cidade, apostando pola innovación, a tecnoloxía, a cultural e a economía circular, equilibrando o peso dos sectores económicos en PIB, emprego e VAB, ao tempo que se procura a produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización, ademais da diversificación da actividade económica
- Posta en marcha do proxecto de ampliación e promoción do solo empresarial de pequeno tamaño para pemes innovadoras que permitan diversificar a estrutura de servizos, moi marcada polo turismo. Isto suporá o desenvolvemento de iniciativas que procuren a atracción e asentamento de pemes innovadoras de servizos mediante o desenvolvemento de parcelas de pequeno tamaño con acceso a servizos básicos, 5G, fontes de enerxías renovables, así como conectadas e integradas coa cidade
Accións:
- Buscar a produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización e diversificación da actividade económica, potenciando, ademais, a Universidade e o coñecemento como vector estratéxico de crecemento do territorio, facilitando a retención do talento
- Creación do Centro de Cultura Gastronómica de Galicia, que procurará impulsar a imaxe da cidade como destino gastronómico a través da posta en marcha deste espazo de referencia. Entre as súas funcións atópanse as seguintes:
- Protección e posta en valor da cultura gastronómica de Galicia
- Creación dun corpus da cociña galega (patrimonio culinario)
- Creación dun Centro de Documentación da Gastronomía de Galicia
- Posta en marcha dun Laboratorio de Innovación da gastronomía de Galicia
- Impulso a un centro formador gastronómico
- Creación dun espazo de difusión da cultura enogastronómica de Galicia
Accións:
- Buscar a produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización e diversificación da actividade económica, impulsando o polo de Innovación Biotecnolóxica de Santiago
- Creación da Cidade da Saúde (impulsada pola USC), no contexto de seguir xerando unha maior integración entre a cidade, a universidade e o tecido empresarial, para fomentar un reforzamento e transformación da estrutura económica da cidade, reforzando as actividades sanitarias de carácter asistencial, docente e investigador, contribuíndo a que Galicia e Santiago sexan referente na docencia, na investigación e na colaboración institucional e público-privada no ámbito da saúde e da vida, así como xeradora de talento innovador que favoreza a creación dun tecido empresarial diversificado e innovador
- A Cidade da Saúde ten os seguintes os obxectivos:
- Dispor dun conxunto de dotacións suficientes para dar soporte material á docencia e investigación de vangarda no ámbito das ciencias da saúde e da vida. Neste senso, prevese a rehabilitación do edificio de San Francisco, como sede histórica dos estudos de Medicina, mantendo os seus usos docentes e institucionais no centro histórico da cidade e completándoos cos que outras institucións do ámbito sanitario poidan pór en marcha no inmoble
- Construción dun novo centro dedicado ás ciencias da saúde no campus sur que resolva as necesidades da Facultade de Farmacia e da Facultade de Enfermaría e que dea cabida ao Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) e á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, ampliando o espazo dispoñible no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)
- Inserir de forma coherente e integrada estas instalacións nun espazo urbano, no que xa existen dotacións moi importantes no ámbito sanitario, a través de actuacións como a reurbanización do núcleo da Praza do Seminario de Estudos Galegos, logo da demolición da actual Facultade de Farmacia, co que se pon á disposición da cidade unha nova zona verde
- Reorganización da mobilidade no campus, definindo unha vía alternativa entre o CHUS e a Facultade de Medicina, que sirva de eixo para conectar o suroeste e o nordeste da cidade
- Integración dos obxectivos de eficiencia de sostibilidade, aproveitando a reurbanización destas áreas, mediante a introdución de infraestruturas de produción e subministración de enerxía para a zona sur do campus, CiMUS e Cebega
- Modernizar a infraestruturas e a urbanización do espazo público, conectando e aumentando as zonas verdes e de mobilidade alternativa
Accións:
- Buscar a produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización e diversificación da actividade económica, impulsando o polo de Innovación Biotecnolóxica de Santiago, ademais de diversificar as bases económicas da cidade
- Crear un espazo que conecta os distintos actores do ecosistema de innovación e emprendemento tecnolóxico de Compostela -Universidade, empresa e talento- a través do Santiago Hub Tecnolóxico
- O proxecto Santiago Hub Tecnolóxico prevé o desenvolvemento de 3 actuacións concretas orientadas a potenciar o ecosistema de innovación e emprendemento tecnolóxico:
- Centro de Innovación e coñecemento asociado ás tecnoloxías das áreas de coñecemento da USC (ciberseguridade, IA, biotecnoloxía, medicina e fintech), que actuará como unha estrutura de cooperación entre empresas e a Universidade cuxo principal obxectivo é facer posible o desenvolvemento de produtos e servizos innovadores en todos os ámbitos posibles (como a posta en marcha de novas empresas; a formación dunha nova xeración de persoas emprendedoras, e a contribución de capital emprendedor ao ecosistema de innovación e emprendemento)
- Centro de emprendemento de base tecnolóxica, orientado ao impulso e aceleración de start-ups tecnolóxicas e EBT capaces de xerar postos de traballo no sector do TIC, que, ademais, incorporará programas de formación e aceleración, espazos demostrativos, talleres tecnolóxicos e financiamento, entre outros
- MediaLab Compostela ou espazo maker, que podería ser sede permanente da Maker Faire Galicia: un laboratorio de tecnoloxía e deseño concibido como un espazo aberto de creación e experimentación cidadá, que ofrece coñecemento, tecnoloxía e lugares para facilitar procesos de aprendizaxe, crear coñecemento, experimentar e desenvolver proxectos, promovendo e alimentando comunidades e redes locais como elementos clave na transformación social
Accións:
- Fomentar o turismo intelixente, sostible e de calidade e os sectores clave da economía local a través da diversificación económica
- Cos retos de impulsar a creación de novos comercios e garantir a consolidación, mellora e continuidade do comercio a través da prestación de información e asesoramento, prevese apostar pola innovación no sector comercial a través destas accións:
-
- Posta en marcha dun programa experimental de tendas pop-up en locais comerciais en desuso, destinado a emprendedores comerciais -especialmente relacionados cos ámbitos das industrias culturais e creativas sen tenda na cidade -, que realizan unha simulación real do seu futuro negocio -con puntos de venda efémeros- por un tempo determinado mentres reciben asesoramento cualificado ad hoc
- Desenvolvemento dun programa de apoio e asesoramento para facilitar a substitución xeracional, partindo dun censo específico de comercios e barrio a barrio
- Creación dun centro demostrador de tecnoloxías vinculados ao comercio, en rúa e que incorpore accións de formación
- Disposición de espazos onde o comercio xa implantado poida realizar liquidacións de produto
Accións:
- Buscar a produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización e diversificación da actividade económica da cidade, apostando pola innovación, a tecnoloxía, a cultura e a economía circular, equilibrando o peso dos sectores económicos en PIB, emprego e VAB
- Creación dunha aceleradora urbana de empresas de economía social que respondan aos retos urbanos de Santiago e que poderían ser extrapolables a outros contornos (turismo sostible, patrimonio cultural, economía de proximidade, loxística de última milla en centros históricos, mobilidade urbana sostible, cidade conectada, cidade saudable, economía dos coidados, etc.)
- Posta en marcha dunha incubadora de industrias culturais e creativas (moi vinculada ao cooperativismo) para a promoción e o fomento da cultura emprendedora e a economía sostible no ámbito das artes escénicas e audiovisuais, que garantirá a capacitación e o desenvolvemento persoal e profesional das persoas emprendedoras con valores. Deste xeito, apostarase pola dotación de espazos de cocreación a través de zonas coworking, laboratorios de experimentación e prototipado, xeración de redes colaborativas, mediante a creación dunha cooperativa de servizos culturais que permita a xeración de sinerxías entre integrantes, compartir servizos xerais, promover proxectos conxuntos, etc.
- Desenvolvemento dun programa de emprendemento verde dedicado ao medio natural, enerxías renovables, eficiencia enerxética, ecoinnovación, ecodeseño ou optimización de recursos naturais e Santiago. Unha iniciativa que estará dirixida a empresas e emprendedores, que se beneficiarán dun programa de mentoría, talleres formativos e sesións de networking co sector, ao tempo que se buscarán vías de colaboración con clústeres e centros tecnolóxicos galegos
- Programa de emprendemento ligado á recuperación de oficios tradicionais, nos que se aproveite o coñecemento de profesionais para poder acadar ese relevo xeracional (fases de formación e de asistencia e apoio a persoas emprendedoras que queiran pór en marcha un negocio vinculado a oficios tradicionais)
- Aceleradora de inserción social e laboral -que colaborará estreitamente coa USC e asociacións representativas do colectivo de persoas con discapacidade- para promover o emprendemento como vehículo de transferencia de coñecemento inclusivo, avanzando tanto na adopción de tecnoloxías innovadoras que melloren a calidade de vida dos colectivos con diversidade funcional, como na promoción de proxectos empresariais innovadoras impulsados por persoas con discapacidade
Accións:
- Favorecer a sociedade do coñecemento e avanzar cara ao desenvolvemento das cidades intelixentes (smart cities), fomentando a Administración electrónica e reducindo a fenda dixital, ao tempo que se diversifican as bases económicas da cidade, apostando pola innovación e a tecnoloxía
- Santiago Dixital-Smart City: conectar a planificación dos procesos de dixitalización co resto de instrumentos para identificar as necesidades concretas e ámbitos nos que as novas solucións dixitais poidan achegar un valor engadido á cidade; dixitalizar a recollida de datos xerados dentro do Concello e integralos nunha plataforma única que permita a súa análise masiva para optimizar os procesos administrativos; optimizar a xestión sostible dos recursos (auga, luz, aire, enerxía); xestionar de xeito intelixente os fluxos turísticos; mellorar a xestión de vehículos, o acceso e o seu estacionamento; mellorar a seguridade, utilizando a infraestrutura con elementos de sensórica para análises de presenza, fluxo de persoas e calidade ambiental
- Proxecto Smart Mobility: dixitalización do transporte público municipal para gañar en eficiencia, de xeito que unha persoa usuaria poida conectar cada modo de transporte de xeito continuado (autobús-tren-avión)
- Proxecto Smart Parking: iniciativa piloto que consiste na reserva automatizada de aparcadoiros mediante app en tempo real, que se prevé desenvolver na área da avenida de Barcelona
- Proxecto Smart Turismo: proposta de sensorización para a xestión de fluxos de persoas nos principais recursos turísticos e espazos públicos máis concorridos da cidade, promovendo a implementación dunha plataforma smart destination que permita preservar e xestionar de xeito adecuado o patrimonio da cidade
- E-Administración e e-Goberno: proxecto de dixitalización e automatización do 100% dos trámites municipais, internos e externos, que procurará a integración da xestión económica da Administración dixital para dar unha adecuada cobertura aos servizos municipais. Ademais, procurarase gañar en eficiencia, axilizando os trámites e tamén fomentando o achegamento de toda a poboación á realización dos trámites municipais
- Xestión intelixente e eficiente dos recursos, implementando un control de calidade e eficiencia enerxética (aire, auga, luz)
Accións:
- Favorecer a configuración do centro urbano como espazo de convivencia entre todas as persoas
- Apertura dun pulmón verde no centro histórico da cidade, localizado no parque de Belvís. Prevese a recuperación e posta en valor dunha ampla zona que enlaza as traseiras de San Pedro co Barrio de Sar e comunicando coas rúas dos Pexigos
- Adaptación dos espazos públicos de barrio existentes para crear unha rede de espazos públicos complementarios entre eles, a través da readaptación de prazas e parques coa fin de dotalos de usos complementarios que, á vez, permitan conectar os distintos barrios. Por outra banda, prevese a creación dun programa de usos complementarios, en colaboración coa poboación, para coñecer cales serían os usos prioritarios que se lles querería dar. Esta información servirá como base para o desenvolvemento do proxecto que permita a rehabilitación das prazas contando en todo momento coa opinión cidadá
- Substitución e adaptación do mobiliario urbano para xerar espazos de convivencia co obxectivo de crear espazos de intercambio e interrelación. Prevese o desenvolvemento dun proxecto piloto na Praza Roxa, coa substitución e adaptación do mobiliario urbano, con criterios de accesibilidade universal, para lograr que este espazo se converta nun espazo de socialización, convivencia e interrelación das persoas usuarias
- Impulso á actividade musical e cultural nos espazos públicos da cidade -creando lugares de convivencia-, tanto nas áreas máis céntricas como en barrios máis periféricos, procurando atraer poboación doutras zonas e contribuíndo, deste xeito, á súa posta en valor
- Proxecto de ampliación e promoción do solo empresarial de pequeno tamaño para pemes innovadoras que permitan diversificar a estrutura de servizos, moi marcada polo turismo. Isto suporá o desenvolvemento de iniciativas que procuren a atracción e asentamento de pemes innovadoras de servizos mediante o desenvolvemento de parcelas de pequeno tamaño con acceso a servizos básicos, 5G, fontes de enerxías renovables, así como conectadas e integradas coa cidade
Accións:
- Apostar por unha cidade compacta, cohesiva, conectada e accesible, creando contornos urbanos de calidade, con densidades axustadas e a proximidade necesaria de bens e servizos demandados pola cidadanía
- Desenvolvemento do proxecto de transformación urbana da parcela do antigo colexio Manuel Peleteiro, a través da aprobación definitiva do plan parcial para a súa execución. Este contempla a creación de arredor de 150 vivendas (20% destinada a uso social), baixos para uso comercial e unha gran praza, que contribuirá a incrementar o número de espazos públicos de convivencia no ensanche da cidade
Accións:
- Tomando como referencia os diversos plans de referencia (ARIs Polígono de Vista Alegre; Grupos de Vivencas “Compostela e Cardeal Quiroga Palacios” de Pontepedriña; Barrio de Vite, e Centro histórico de Santiago de Compostela), desenvolverase a mellora ou rehabilitación de edificios de uso predominantemente de uso residencial con criterios de eficiencia enerxética
- Actuacións de mellora da contorna física complementarias ao desenvolvemento das actuacións de mellora da eficiencia enerxética nos edificios residenciais
- Desenvolvemento dun programa de rehabilitación de baixos e vivendas baleiras na cidade histórica
- Creación dunha oficina de rehabilitación urbana, á disposición das persoas promotoras interesadas
Accións:
- Importancia da eliminación de barreiras arquitectónicas e o favorecemento da accesibilidade aos espazos para todas as persoas. Un obxectivo que se materializará en 3 liñas principais de acción:
-
- Creación dun Plan de Accesibilidade Universal: facer accesible gradualmente o contorno existente para que todas as persoas o poidan utilizar libremente e contribuír, así, a unha mellora da calidade ambiental e da calidade de vida das persoas
- Mellora da accesibilidade na praza de Galicia (actuación de humanización e redución de tráfico): ante o actual desequilibrio entre zonas peonís e destinadas ao tráfico, proponse un proxecto que, nunha primeira fase, se centrará na ampliación de beirarrúas e a remodelación de carrís de circulación e pasos de peóns en localizacións concretas, onde sexa imprescindible mellorar as condicións de accesibilidade e seguridade. Ademais, renovarase a paisaxe urbana nesta zona, reducirase a contaminación atmosférica e os niveis de ruído, ao tempo que se fomentará a socialización cidadá e se aumentará a actividade peonil, humanizando o centro da cidade e mellorando a accesibilidade á cidade histórica
- Creación dun itinerario accesible de entrada ao Pazo de Xelmírez: prevese desenvolver un proxecto para que se centralicen os servizos de acceso ás visitas á Catedral na porta existente baixo o Arco de Xelmírez. Unha iniciativa que precisará dun proxecto específico de reforma do espazo público nesta rúa, que permitirá dispor dun itinerario accesible para o Pazo de Xelmírez desde a praza do Obradoiro
Accións:
- Proxecto do “Dobre Anel”
- Primeiro Anel: reordenación dos espazos perimetrais á améndoa, coa praza de Galicia como nodo central e implicando a rúas como Rodrigo de Padrón, Figueroa, Campo da Estrela, A Senra, Fonte do Santo Antonio, Patio de Madres, Virxe da Cerca, Aller Ulloa, Matadoiro, Porta do Camiño, Rodas e San Roque
- Segundo Anel: consolidación do anel de espazos verdes limítrofes coa zona monumental, incluíndo actuacións na Alameda, Campus Sur, os terreos do Xardín Botánico e Brañas do Sar
- Potenciar a rede de sendeiros que vinculan todos os espazos do anel verde, xunto cos corredores fluviais que definen o territorio natural máis próximo á cidade
- Actuacións nos corredores que conectan o primeiro e o segundo anel, na rúa do Hórreo -enlace entre a intermodal e a praza de Galicia- e na rúa de Sar -enlace como posta en valor de espazos como a Cidade da Cultura (na procura de maiores atractivos turísticos) e coa Colexiata de Sar e a súa contorna como expoñentes-
- Esta liña de actuación tamén permitirá abordar a intervención de reordenación dos espazos perimetrais á améndoa, coa praza de Galicia como nodo central e as actuacións nos dous corredores que conectan ambos os aneis. Tamén permitirá a humanización e redución do tráfico na zona favorecendo este espazo como lugar propicio para garantir unha vida saudable, promovendo o tránsito peonil e a dinamización do comercio local. Tamén se eliminarán as barreiras arquitectónicas, reducirase o nivel de ruído e de contaminación do aire e incrementarase a seguridade fronte aos accidentes
Accións:
- Redefinir os espazos públicos da cidade para pacificalos e aquietalos, de maneira que poidan volver a recibir comodamente a vida pública da cidadanía
- Implantación dunha zona de baixas emisións no centro histórico (con especial control nos procesos de carga e descarga)
- Implantación dunha zona de baixas emisións na avenida de Restollal (pola elevada densidade de tráfico que soporta, promovendo o uso dos medios de transporte brandos)
Accións:
- Mellorar os instrumentos de intervención e gobernanza, asegurando a súa implicación, a transparencia e o favorecemento da gobernanza multinivel
- Creación do Observatorio Urbano de Santiago de Compostela, coa articulación dun sistema de indicadores de diagnose da situación da cidade con respecto aos obxectivos da AUS, o que permitirá tamén crear un mecanismo de seguimento co que valorar o estado da cidade e determinar o grao e ritmo de execución dos plans e acción que se levan a cabo dentro das propostas políticas, o que o dota dun alto valor como ferramenta de transparencia municipal
- Creación dun Observatorio de Turismo Sostible, que pretende estruturar un sistema de intelixencia de destino que permita a Santiago mellorar os procesos de planificación e xestión do turismo desde a perspectiva da sostibilidade
Accións:
- Fomentar a participación da cidadanía na configuración da cidade que desexan, asegurando a transparencia e mellorando os instrumentos de intervención
- Deseño e desenvolvemento dun sistema de participación e gobernanza cidadá para o impulso e seguimento da Axenda Urbana 2030 (coas figuras de directores/as da AUS para a fase de impulso e seguimento dos proxectos definidos; o Consello Económico e Social, como órgano supervisor desta fase de execución e garante da coherencia xeral desta, e os Grupos de Impulso e Seguimento)
- Reactivación dos consellos municipais de participación cidadá, convocándoos de forma periódica e dotándoos de actividade para sirvan á finalidade para a que foron creados.
- Creación dun Consello 60+, centrado nas necesidades específicas deste grupo poboacional, para que poidan participar no deseño das políticas e proxectos do municipio que lles afectan
Accións:
- Deseñar e pór en marcha campañas de formación e sensibilización en materia urbana, así como intercambio e difusión do coñecemento, impulsando a capacitación local e mellorando o seu funcionamento
- Desenvolvemento dun plan de formación ao persoal técnico dos distintos axentes socioeconómicos implicados no proceso de elaboración do documento e á cidadanía en materia da axenda urbana, co obxectivo de proporcionar coñecementos sobre a importancia desta iniciativa, así como o rol da participación cidadá no desenvolvemento urbano e nas estratexias urbanas
Accións:
- Crear un plan territorial integrado da área urbana de Santiago de Compostela
- Integrar municipios da contorna de Santiago para favorecer un consumo sostible do solo
- Articulación dunha área urbana policéntrica menos dependente das dinámicas centro-periferia
- Favorecer a creación dun instrumento de ordenación territorial que coordine a planificación do conxunto de municipios que conforman a área urbana
- Conter a dispersión urbana e favorecer unha planificación conxunta da área urbana (Santiago-Ames-Teo, e complementariamente, O Pino, Oroso e Val do Dubra)
Accións:
a) A curto prazo:
- Modificación do PXOM para ordenar e regular o uso de pisos turísticos
- Revisión de ordenanzas do PXOM ou reordenación municipal e dos parámetros urbanísticos previstos nos solos urbanizables e nos solos urbanos non consolidados para favorecer a mestura e a diversidade de usos na cidade.
- Revisión do PXOM e adaptación á normativa legal vixente
- Revisión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela
Accións:
- Desenvolvemento dunha estratexia de infraestrutura verde para Santiago, coa xeración dun modelo urbano sostible que mellore a conectividade da infraestrutura verde de Santiago, tomando a cidade como conector ambiental dos espazos de Rede Natura 2000, tendo como referencia os ríos Ulla -ao sur- e o Tambre, co Sar como columna vertebral deste corredor ambiental -ao norte-
- Vertebrar ambiental e territorialmente a cidade coa súa periferia urbana e rural
- Favorecer a rexeneración das áreas ambientalmente máis degradadas, renaturalizando parte do espazo urbano, recuperando a auga das concas e o seu papel no metabolismo urbano, e aumentando a resiliencia ante os efectos do cambio climático
- Anel verde da cidade: espazo das Brañas do Sar -ampla área que discorre entre a estación intermodal, o Bosque do Gaiás, conectando co Parque Eugenio Granell e chegando ata os accesos á Cidade da Cultura e o Multiusos do Sar-. Resulta preciso solventar os problemas derivados da confluencia de propiedades públicas e privadas para integrar e acondicionar o espazo para uso cidadá e para a súa posta en valor
- Anel verde perimetral: mellora dos sendeiros entre espazos verdes vinculados principalmente aos corredores fluviais do Sar e do Sarela, coa consecuente posta en valor das áreas naturais do contorno urbano
- Restauración da zona do Xardín Botánico (10,86 hectáreas de superficie e pertencente ao Consorcio de Santiago): mellorar o seu estado de conservación ambiental, transformando o espazo e dotándoo dunha función produtiva e xerando unha paisaxe bioalimentaria. O seguinte paso sería a posta en marcha do Xardín Botánico de Santiago como espazo de conservación e educación ambiental
- Restauración da lagoa do Auditorio de Galicia: dragado e acondicionamento da lagoa, ademais da corrección dos elementos construtivos -hoxe moi deteriorados- para evitar a necesidade de limpezas periódicas
- Recuperación do bosque da Canteira de Pedra de Santiago no Monte das Santas Mariñas, substituíndo os eucaliptos por especies autóctonas e impulsando a rexeneración da propia canteira
Accións:
- Revitalizar o espazo rural a través da súa reactivación produtiva, a súa dinamización social e a posta en valor do patrimonio cultural e natural
- Previr o progresivo abandono do rural e integralo na cidade como despensa e espazo para o cultivo e venda directa de produtos Km 0
- Posta en marcha da estratexia “Da granxa á mesa” para manter e promover o emprego no rural
- Deseño e desenvolvemento dun circuíto curto de comercialización de alimentos entre produtores locais e restauradores (tendo en conta o potencial que ofrece o elevado nivel da gastronomía galega en Santiago, con varios restaurantes con Estrela Michelín)
- Deseño e desenvolvemento dun circuíto curto de comercialización de alimentos entre produtores locais e xestores dos grandes centros de consumo (como centros escolares), favorecendo, deste xeito, un novo modelo de comedores escolares
- Creación dun centro de transformación de produtos da horta, que permitirá a pequenos produtores locais elaborar produtos cos excedentes das súas horas de xeito que, unha vez transformados, poidan ser comercializados
Accións:
- Conservar o patrimonio natural e mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático, protexendo, ademais, a paisaxe
- Elaboración dun catálogo ou plan de xestión de patrimonio natural de Santiago de Compostela, intimamente ligado á súa rede fluvial
- Establecer os ríos Sar e Sarela como principais soportes de zonas verdes e espazos de natureza na cidade
Accións:
- Creación dunha comisión para a elaboración do plan de acción da paisaxe da comarca paisaxística Terra de Santiago-A Barcala, con representación de todos os municipios da comarca -Santiago, Ames, Teo, Brión e tamén Vedra, Boqueixón, Padrón, Rois, Negreira, A Baña e Val do Dubra-
- Elaboración dun plan de acción da paisaxe da comarca paisaxística Terra de Santiago-A Barcala
Accións:
- Xerar novos atractores a través da recuperación de patrimonio natural e cultural e a posta en marcha de iniciativas de carácter cultural fóra dos puntos máis saturados turísticamente
- Valorización dos elementos patrimoniais do Banquete de Conxo e do Carballo de Conxo a través da creación do Bosque da Saúde
- Potenciar e pór en valor o proxecto do parque Compostela Rupestre (incluído na iniciativa que engloba aos Concellos de Ames, Brión, Teo e Val do Dubra) coa fin de achegar á cidadanía unha das áreas máis importantes en arte rupestre que hai en Galicia
Accións:
- Reforzar o transporte público, facilitando a conexión do núcleo urbano co territorio rural
- Fomentar os desprazamentos sostibles establecendo unha cidade próxima e reducindo ao máximo o uso do vehículo privado.
- Reto de avanzar na configuración dun centro urbano peonil, ampliando a superficie peonil, a través das seguintes accións:
- Xeración de rutas de mobilidade peonil que conecten a estación intermodal con diversos puntos estratéxicos da cidade (campus universitarios, CHUS e polígonos industriais)
- Desenvolvemento dunha rede ciclista que conecte a zona de Vida, o hospital, os campus universitarios, a Alameda, a estación intermodal, o Sar e os polígonos empresariais
- Creación dunha rede de aparcamentos disuasorios na periferia do núcleo urbano que favoreza o uso de modos de desprazamento máis sostibles polo centro da cidade
- Ampliación de camiños escolares seguros, a través do proxecto Colecamiños
- Reto de consolidar a intermodalidade a través da mellora das conexións entre a estación intermodal e o aeroporto a través da posta en marcha dun autobús lanzadeira, complementario ao transporte urbano
- Impulso dun sistema de transporte público de carácter metropolitano que permita conectar o núcleo urbano de Santiago cos municipios máis poboados da periferia sur, reducindo o maioritario uso do vehículo privado, rexistrado na actualidade
- Posta en marcha dun sistema de transporte a demanda que permita conectar os núcleos rurais do municipio co núcleo urbano, atendendo principalmente ás necesidades da poboación maior
- Impulsar o transporte público de Santiago renovando a súa frota de autobuses, apostando por vehículos eléctricos a mellora de liñas e frecuencias dentro da cidade e dixitalizando o sistema para gañar en eficiencia no seu uso
- Elaboración dun novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Santiago, coa incorporación dunha perspectiva metropolitana e duns mecanismos de avaliación, control e seguimento, ademais de aplicar o marco estratéxico necesario para a implantación de accións en materia de mobilidade incluíndo a elaboración de plans de transporte para desprazarse ao traballo aos principais centros de actividade económica do municipio. Dar un impulso ao PMUS como marco de gobernanza para o deseño e a implantación de proxectos que dean solución aos problemas identificados en materia de mobilidade
Accións:
- Reducir o risco de pobreza e exclusión social en contornas urbanas desfavorecidas e garantir o apoio aos colectivos máis vulnerables a través do reforzo das políticas sociais
- Desenvolvemento do proxecto Big Social Santiago, que ten como obxectivo coñecer mellor a estrutura social de Santiago e a súa distribución territorial, resaltando as vulnerabilidades máis presentes no territorio e nas zonas con máis necesidades de acción social para conseguir unha maior eficacia das políticas e programas sociais. A través deste programa de big data procurarase a detección temperá da vulnerabilidade e/ou exclusión social e a súa visualización a través de mapas dinámicos que se actualizarán periodicamente. Os traballos desenvolveranse de xeito colaborativo, implicando a organización de talleres con axentes implicados para pór en común obxectivos, ferramentas e prioridades
Accións:
- Atender á vulnerabilidade, evitar a discriminación e eliminar a exclusión social, garantindo a calidade de vida, en especial das persoas maiores, e o acceso aos servizos básicos, evitando a exclusión, ao tempo que se busca a igualdade de oportunidades desde unha perspectiva de xénero, idade e discapacidade
- Posta en marcha dun proxecto na Rede de Centros Socioculturais de Santiago (que conta con 45 espazos en distintos puntos do municipio), que procurará a rehabilitación e reforma enerxética, funcional e das condicións de accesibilidade destes lugares, e facendo deles puntos de encontro ideais para persoas maiores, adaptados ás súas necesidades e cunha oferta de actividades e de lecer que dea cobertura ás súas demandas
- Reforzo das actividades a través dun proxecto de alfabetización dixital, dirixido especialmente a persoas maiores e na procura dun axeitado manexo das novas tecnoloxías e, en particular, da Administración electrónica
- Dotar de aulas TIC -con equipos de robótica, impresión 3D, etc.- aos CSCs máis grandes e máis próximos a barrios vulnerables, promovendo que as persoas con menos recursos poidan ter acceso a estas ferramentas tecnolóxicas en igualdade de condicións
- Desenvolvemento do proxecto “Laboratorios de reparación” nalgúns dos CSCs, para que persoas con coñecementos na materia poidan dotar de nova vida a produtos susceptibles de ser reutilizados. Ao tempo, fomentarase que esta actividade sexa desenvolvida por persoas maiores que compartan os seus coñecementos coa mocidade á que lle interese este labor, ao tempo que prestan un servizo á comunidade
- Posta en marcha dun programa de lecer activo e outro de promoción de hábitos de vida saudable nos centros sociais, que será de carácter interxeracional, especialmente dirixido a persoas maiores e con diversidade funcional, nenos e nenas
- Xeración de novos espazos para uso da cidadanía favorecendo o asociacionismo a través de áreas específicas dentro dos CSCs máis grandes
- Fomento dos programas de voluntariado xuvenil orientado a desenvolver iniciativas de carácter social, educativo, cultural, etc., dirixidas principalmente ao colectivo de persoas maiores
- Adaptación e dinamización da Rede de CSCs da cidade dotándoos de novos usos adaptados ás necesidades da sociedade actual, con especial atención ás das persoas maiores
Accións:
- Atender á vulnerabilidade, evitar a discriminación e eliminar a exclusión social, garantindo a calidade de vida, en especial das persoas maiores, e o acceso aos servizos básicos, evitando a exclusión, ao tempo que se busca a igualdade de oportunidades desde unha perspectiva de xénero, idade e discapacidade
- Implantar un programa de teleasistencia no fogar a persoas maiores, que terá carácter preventivo, de xeito que permita identificar de maneira temperá as alteracións de conduta das persoas usuarias a través de elementos como axendas individuais de atención, instalación de teleasistencia avanzada, detección de movementos, teleasistencia GPS móbil, vídeo-asistencia sociosanitaria cun sistema de contacto con servizos sociais e de saúde de referencia para poder realizar un seguimento e control en remoto, etc.
- Mellora na prestación do servizo a domicilio das persoas maiores, abordando un proceso de dixitalización do servizo, mellorando a coordinación e desempeño na prestación das súas funcións do persoal dos servizos sociais
Accións:
- Garantir o acceso á vivenda por parte da poboación máis vulnerable, fomentando a existencia dun parque de vivenda axeitado e a prezo asumible, ao tempo que se facilita a convivencia coas vivendas turísticas, tratando de evitar que a proliferación destas acabe por expulsar a poboación local do centro da cidade
- Recuperación da empresa pública municipal co obxectivo de facilitar o dereito a unha vivenda adecuada para a poboación compostelá, tendo en conta as súas necesidades actuais
- Fomento das cooperativas para a construción de vivendas, con especial interese naquelas orientadas a facilitar solucións de cohousing para persoas maiores
- Plan de impulso do alugueiro de vivenda de propiedade municipal, consistente en pór en contacto a persoas que precisen unha vivenda en este réxime con aquelas que a posúen e están interesadas en arrendala, prestándolles asesoramento profesional e achegándolles garantías
- Programa de mobilización de vivendas baleiras
- Programa de axudas á rehabilitación e mellora enerxética de vivendas, especialmente centrados nos parques de vivendas en mal estado ou moi antigos
- Impulso ao rexistro de soares para garantir a conservación e o uso de inmobles xa construídos
- Programa especial de resposta ás necesidades das persoas que integran os colectivos máis vulnerables
- Desenvolvemento de medidas de control para evitar a proliferación de vivendas de uso turístico no núcleo urbano
Accións:
- Buscar a produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización e diversificación da actividade económica, xerando novos atractores a través da recuperación de patrimonio natural e cultural e a posta en marcha de iniciativas de carácter cultural fora dos puntos máis saturados turísticamente
- Aposta polo reforzo do turismo cultural, mellorando e ampliando a oferta museística de Santiago a través de diversas actuacións:
- Elaboración dun plan estratéxico de museos, para optimizar e aproveitar o elevado potencial museístico da cidade
- Creación do Museo e Centro de Interpretación da cidade, incorporando elementos diferenciais como a súa tradición literaria (con especial atención á figura de Valle-Inclán, pola súa vinculación e influencia na cidade)
- Creación do Museo da Psiquiatría, Medicina e Farmacia, áreas de coñecemento de ampla tradición na Universidade de Santiago de Compostela e que se situará nun dos pavillóns psiquiátricos de Conxo
- Creación do Museo da Fotografía que acolla exposicións e proxectos de artistas de fotografía e traballos relacionados con temas de artes visuais
- Creación do Museo de Monicreques, concibido como un espazo que recolla o patrimonio inmaterial existente, acolla a produción didáctica ao tempo que sirva para a súa exhibición
- Xeración dunha rede de museos virtuais, dixitalizando contidos museísticos da cidade para facilitar unha visita virtual a estes
- Posta en marcha do bono museos en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España
Accións:
- Fomentar o turismo intelixente, sostible e de calidade e os sectores clave da economía local, xerando novos atractores a través da recuperación de patrimonio natural e cultural e a posta en marcha de iniciativas de carácter cultural fóra dos puntos máis saturados turisticamente
- Posta en marcha dun plan de identificación de espazos e infraestruturas patrimoniais en desuso ou infrautilizadas en áreas urbanas e periféricas para a promoción das industrias culturais e das expresións artísticas como especificidade de Compostela e elemento de dinamización económica
- Rehabilitación e recuperación dos espazos identificados coa fin de promover a xeración de novos produtos culturais, o intercambio e diálogo intercultural entre artistas e a implicación dos axentes locais
- Desenvolvemento dun plan de usos culturais para implementar nos espazos e infraestruturas patrimoniais identificadas, así como en prazas e espazos públicos da cidade
Accións:
- Fomentar o turismo intelixente, sostible e de calidade e os sectores clave da economía local, xerando novos atractores a través da recuperación de patrimonio natural e cultural e a posta en marcha de iniciativas de carácter cultural fóra dos puntos máis saturados turisticamente
- Cos retos da descentralización turística, a desestacionalización da demanda, sostibilidade do feito turístico e inversión do fenómeno de xentrificación turística, prevese un conxunto de accións encamiñadas a garantir a sostibilidade da estratexia turística de Santiago:
- Posta en marcha dunha estratexia de desconcentración da actividade turística a través dunha rede de puntos ou nodos de centralidade turística de acollida de visitantes despregados na periferia municipal, co desenvolvemento de accións de recuperación do patrimonio cultural e etnográfico
- Desenvolvemento dun plan de mobilidade turística sostible e de xestión dos usos do espazo público no centro histórico
- Creación de novos produtos turísticos (como o plan de visitas guiadas nocturnas a espazos menos habituais desde o punto de vista turístico), potenciando as posibilidades do turismo interno con programas específicos de coñecemento e valorización do patrimonio e a cultura composteláns, dirixidos tanto a visitantes do ámbito de Galicia como do propio municipio de Santiago e da súa comarca
- Impulso a un pacto local para o desenvolvemento dun turismo sostible, equilibrado, seguro e responsable en Santiago, que será o resultado dun proceso de participación
Accións:
- Mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático, previndo especialmente os riscos de incendios forestais a través de diversos plans e accións
- Elaboración dun plan de ordenación e xestión forestal da área urbana de Santiago (incluíndo a xestión agrupada do monte privado)
- Plan de mellora da biodiversidade que permita reforzar e incrementar a rede de parques forestais periurbanos e reducir o risco de incendios mediante solucións baseadas na natureza
- Desenvolvemento dun programa local de apoio á conversión de masas forestais pirófitas e exóticas (eucaliptais, principalmente) por masas autóctonas, dirixido a propietarios particulares, así como de compensación de servizos ecosistémicos que proporciona o bosque autóctono para mellorar a resiliencia do territorio forestal ante os incendios
- Programa local de restauración ambiental de espazos naturais (centrado principalmente nos corredores fluviais), mediante a eliminación de especies exóticas invasoras (eucalipto, mimosa e acacia)
Accións:
- Elaborar un plan de resiliencia urbana no que se establezan unha serie de criterios climáticos transversais orientados a reducir as vulnerabilidades da cidade establecendo accións preventivas fronte aos principais riscos (como incendios forestais, secas -coa revisión do ciclo integral da auga- e o modelo enerxético -aínda moi baseado no uso de combustibles fósiles-)
- Elaborar unha instrución municipal bioclimática que facilite a introdución de criterios bioclimáticos na elaboración dos plans e proxectos municipais para que se aborde esta cuestión desde unha perspectiva transversal
Accións:
- Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro
- Elaboración dun plan director de edificios públicos, con accións de mellora da eficiencia enerxética en espazos como o Auditorio de Galicia, o pavillón polideportivo de Santa Isabel; o Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, e o pavillón polideportivo de Vite. Tamén se prevé a rehabilitación funcional e enerxética da Casa da Xuventude e do Auditorio da USC no Campus Sur.
- Posta en marcha dun programa de rehabilitación e eficiencia enerxética de edificios públicos, con accións de mellora da eficiencia enerxética, a mellora da sostibilidade ambiental e a mellora da accesibilidade, a habitabilidade e a conservación.
Accións:
- Mellorar a eficiencia no consumo e impulsar a produción de enerxía
- Impulso por parte do Concello á creación dunha comunidade enerxética local a xeito experiencia piloto para desenvolver proxectos de enerxías renovables, eficiencia enerxética, mobilidade sostible e/ou xestión da demanda. Este proxecto buscará abordar a pobreza enerxética a través da inclusión de persoas vulnerables entre seus/súas socios/as
Accións:
- Reducir, reutilizar, reciclar e xestionar eficientemente os residuos, co reforzo da estratexia local de fomento da economía circular
- Posta en marcha de laboratorios de reparación, promovendo iniciativas sociais e de participación comunitaria que poñan en valor a experiencia e os coñecementos prácticos das persoas para prolongar a vida útil dos produtos, con especial interese en paliar a obsolescencia programada. Procuraranse persoas voluntarias que se presten a transmitir este tipo de coñecementos creando unha rede -a través da propia rede dos CSCs de Santiago- para fomentar a reparación de produtos entre a poboación.
- Impulso dos mercados de segunda man para dotar de nova vida os produtos que xa non teñen posibilidade de uso para a persoa propietaria
- Creación dunha rede de centros de reutilización, a través do estabelecemento de diferentes puntos onde depositar elementos en perfecto estado para que outras persoas os recollan e lles dean un novo uso.
- Fomento dos procesos de biotransformación in situ dos residuos do sector alimentario -tanto o producido na restauración como o de ámbito doméstico-, incentivando o desenvolvemento de instalacións de compostaxe
- Incremento do número de puntos de recollida na cidade para reciclar materiais
- Estudio da posibilidade de contar cunha planta de compostaxe a nivel comarcal, que permita reciclar os residuos orgánicos para a súa conversión en fertilizante natural
Accións:
- Posta en marcha de plans de sensibilización na xestión de residuos coa fin de aumentar a porcentaxe de recollida selectiva e a reciclaxe
- Campaña de concienciación social para fomentar o consumo de produtos que incorporen material reciclado ou que sexan reutilizables
- Plan de sensibilización sobre a economía circular e o cambio climático para favorecer un consumo máis responsable entre a cidadanía e o turismo
- Desenvolvemento de actividades de educación e sensibilización para implicar en maior medida á sociedade na economía circular e promover un cambio social para un mellor uso dos recursos e a protección do medio natural
Accións:
- Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro
- Implantación de luces de baixo consumo en toda a iluminación municipal, continuando co plan iniciado para chegar ao 100% da rede
Accións:
- Garantir o saneamento e o abastecemento de auga de calidade en todo o municipio (con especial atención ás dificultades que presentan tanto a ETAP de Chaián como a EDAR de Silvouta), a través de actuacións de mellora e optimización da rede e procurando a implicación e concienciación dos distintos sectores implicados, así como do conxunto da cidadanía
- Creación da Mesa da Auga, un órgano de gobernanza específico sobre o recurso da auga que integre a todas as partes interesadas e no que se traten os obxectivos e solucións sobre o abastecemento e saneamento de auga de xeito conxunto.
- Desenvolvemento dun proxecto de ciclo integral da auga
- Proposta de solucións concretas para abordar no curto e medio prazo, que implicará a realización dunha auditoría do estado das redes coa fin de solucionar as avarías e irregularidades que impliquen perdas de auga potable
- Realización dun proxecto de separación de augas residuais e pluviais
- Posta en marcha do proxecto de ciclo integral da auga, que se desenvolverá en dúas fases:
- Estudo e descrición do modelo hídrico actual de Santiago
- Proposta de modelo hídrico do futuro, que procurará a racionalización da rede de saneamento e o redimensionamento de todo o sistema de depuración, ademais da xestión do escoamento
- Posta en marcha de accións de implementación do novo modelo hídrico, coa modelización, sensorización e seguimento das redes de abastecemento e saneamento a través de diversas propostas:
- Estudos do trazado, sobre o tecido urbano, da traída histórica da auga de boca
- Estudos para a definición e anotación das concas de captación das fontes da cidade histórica
- Estudos para realización de pilotos de regulación de escoamento, en vía urbana e zonas verdes
- Implementación de sistemas de depuración natural e control dos escoamentos en zonas verdes
- Recuperación do sistema de evacuación de augas superficiais cara ás concas do Sar e do Sarela; escoamentos e pavimentacións impermeables
- Programas de divulgación para implicar á cidadanía no uso racional da auga