Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

Cabecera Direccion

Dirección do proxecto

A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela conta grazas á colaboración establecida coa Universidade de Santiago de Compostela con dúas persoas ao cargo da dirección executiva do proxecto: María Cadaval Sampedro e Santiago Lago Peñas. Ambos os dous profesionais encargáronse da creación dos 6 GIS e están a traballar na recollida das diferentes achegas para poñer en marcha a redacción deste documento estratéxico que resultará fundamental para acadar un Santiago en favor das persoas, da cidade, do planeta e da prosperidade acaída.

María Cadaval Sampedro

DOUTORA EN ECONOMÍA CON MENCIÓN EUROPEA E PROFESORA DE ECONOMÍA APLICADA NA USC

Maria Cadaval-100

Doutora en Economía con Mención Europea, Premio extraordinario de Doutoramento, Máster en Administración Financieira e Tributaria, traballa actualmente como profesora de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, dentro da área de Facenda Pública. É especialista en federalismo fiscal, descentralización e facenda autonómica e local. Ademais, publicou numerosos artigos en revistas especializadas de alto impacto (JCR)

Entre as súas responsabilidades atópanse a integración dentro do Grupo de Investigación Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento, ademais de ser Directora da Cátedra Iberoamericana da USC. É tamén directora do Curso de Expert@ en Intelixencia emocional e benestar organizacional e Subdirectora da RIFDE (Rede de Investigadores en Financiación Autonómica e Descentralización Financieira en España).

A maiores, destaca polo seu papel como integrante do Governance and Economics research Network e do Foro Económico de Galicia, onde é Subdirectora do grupo de traballo Galicia 2040. Tamén é Coordinadora da Rede Local de administración pública (Localis) e pertence ao Observatorio Internacional da Regulación da Entidades do Sector Público (OIRESP).

Durante a súa traxectoria profesional formou parte da Cross-Research in Environmental Technologies (CRETUS), para o desenvolvemento das tecnoloxías ambientais sostibles. En xestión unversitaria foi adxunta ao Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Corporativa, con funcións na coordinación da área do Servicio Universitario de Residencias e de Responsabilidade Social Corporativa da USC. Ademais, é coordinadora de ERASMUS para Noruega, Alemania, Portugal e do programa de Intercambio Bilateral entre a USC-América Latina.

No eido da divulgación, publicou recentemente o libro Cómo salir de Esta II. Así mesmo, participa en diferentes medios de comunicación -radio, prensa escrita e televisión- para a difusión da actividade académica e científica-. Encárgase de coordinar o blog de financiación pública no diario económico Expansión.

Santiago Lago

Santiago Lago Peñas

CATEDRÁTICO DE ECONOMÍA APLICADA DA UVIGO

Santiago Lago-100

Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo dende 2011, dirixe o grupo de investigación Governance and Economics Research Network (GEN), e é investigador principal de múltiples proxectos de investigación españois e europeos. Conta con máis de 100 traballos publicados en diversas revistas españolas e internacionais e tamén é investigador asociado de FUNCAS e do Institut d’Economía de Barcelona.

Entre as súas responsabilidades atópase tamén a de director da cátedra de finanzas autonómicas creada pola Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo en 2011 e coridixe a Red de Investigadores en Financiación Autonómica e Descentralización en España (RIFDE). Ademais, é director da Cátedra de Empresa Familiar (do Instituto de Empresa Familiar) da Universidade de Vigo dende 2014.

Como experto e consultor, está vencellado ao World Bank, a OECD, o Forum of Federations, a Assembly of European Regions, a RAND Corporation ou a European Comission. Foi conselleiro do Consello Económico e Social de Galicia entre os anos 2033 e 2011.

Ademais, é Editor Executivo da revista Hacienda Pública Española / Review of Public Economics (2018-) e editor convidado de Regional Studies, Sage Open, Environment and Planning C e Papeles de Economía Española.

Foi membro da Comisión de expertos para a reforma da financiación autonómica creada polo Goberno de España (2017). Ten comparecido como experto en finanzas autonómicas no Senado e nos parlamentos autonómicos de Cataluña, Madrid, Aragón, Andalucía e Galicia. Tamén participou no Comité de persoas expertas para a reforma do sistema tributario (2021-2022).

Académico de número da Real Academia de Ciencias Económicas y Financieras de España (2021-), tamén exerce de director do Foro Económico de Galicia e como coordinador do grupo de expertos económicos COVID-19 creado pola Xunta de Galicia no 2020. É conselleiro da Sociedade para desenvolvemento de proxectos estratéxicos de Galicia (2021).

Entre os seus recoñecementos académicos, salientan o Premio extraordinario de doctorado da Universidad de Santiago de Compostela (curso 1997-1998); o Premio de investigación Josep Maria Vilaseca i Marcet del Institut d’Estudis Autonomics (Generalitat de Catalunya), 2010, e o Premio Alexandre Pedrós ao mellor traballo presentado no XVIII Encuentro de Economía Pública (Málaga, 2011), patrocinado polo Círculo financieiro de La Caixa.

No eido da divulgación, é columnista de varios xornais e colaborador habitual da Cadena SER, ademais de participar como conferenciante en múltiples foros especializados e divulgativos.