Saltar ao contido
Plan de acción

Observatorio AUS 2030

O Observatorio da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela conta con sistema de indicadores agrupados segundo as dimensións do plan de acción da AUS 2030, permitindo así coñecer a  situación da cidade con respecto aos obxectivos da AUS. Ademais de presentar a situación actual relativa ao resto de cidades galegas, móstrase a evolución dos indicadores nos últimos anos. 

Polo tanto o Observatorio é tamén un mecanismo de seguimento co que valorar o estado da cidade e determinar o grao e ritmo de execución dos plans e acción que se levan a cabo dentro das propostas políticas, o que o dota dun alto valor como ferramenta de transparencia municipal.