Saltar ao contido

Agenda Urbana 2030 Santiago de Compostela

AXENDA URBANA 2030

de Santiago de Compostela

A cidade do futuro que queres

Marco de referencia estratéxica da cidade

Concello Santiago
UE
logo plan
Axenda_VngMfC

Imaxe: Genaro Díaz

Que é a Axenda Urbana 2030?

A axenda urbana é o marco de referencia estratéxica de Santiago de Compostela para a vindeira década. Un plan de acción feito por e para a cidadanía. Tras un labor de diagnose, os desafíos de futuro que se deben atender para o logro da Axenda urbana de Santiago de Compostela 2030, han xurdir da achega de todos os axentes implicados neste proceso. Só así seremos quen de elaborar unha folla de ruta en favor das persoas, da cidade, do planeta e da prosperidade acaída.

A elaboración deste texto baséase nas directrices marcadas pola Axenda 2030 de Nacións Unidas, que propón até 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Dentro deles, Santiago de Compostela pon en marcha a creación da Axenda Urbana dentro do ODS 11, Cidades e Comunidades Sostibles, co fin de acadar unha urbe inclusiva, segura e resiliente.

Este proxecto é posible grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos Fondos Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal e da súa Axenda Urbana de España.

Ámbitos de actuación

A elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela céntrase en 10 ámbitos de actuación. Á vez, estes correspóndense con cada un dos 10 obxectivos estratéxicos que se especifican na Axenda Urbana de España, en consonancia coa nova Axenda Urbana Internacional e os ODS. Estes son:

Axenda_Terrritorio

Territorio, paisaxe e biodiversidade

Axenda_Modelo de cidade

Modelo de cidade

Axenda_Cambio climatico

Cambio climático e resiliencia

Axenda_Xestion sostible

Xestión sostible dos recursos e economía circular

Axenda_mobilidade e transporte

Mobilidade e transporte

Axenda_Cohesion social

Cohesión social e igualdade de oportunidades

Axenda_Economía urbana

Economía urbana

Axenda_Vivenda

Vivenda

Axenda_Era dixital

Era dixital

Axenda_Gobernanza

Gobernanza

Diagnose previa

A elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela requiriu un intenso labor previo de análise e diagnose da situación do municipio. Nos seguintes documentos achégase toda a información precisa obtida a partires dese traballo desenvolvido durante o ano 2021 e parte do 2022.

Descarga toda a información e coñece polo miudo cal son os proxectos de interese para acadar o futuro da nosa cidade.

Fase propositiva

Unha vez que feita a diagnose e co obxectivo de identificar e deseñar as liñas estratéxicas de actuación, é o momento de socializar o informe con tódolos actores, co obxectivo de compartilo pero, sobre todo, implicalos no proceso de deseño das liñas e accións concretas de actuación para a consecución dos obxectivos que se marquen para a Compostela do 2030.

Os procesos de planificación que implican de xeito activo a tódolos actores en cada unha das súas fases teñen garantida a lexitimación e corresponsabilidade no desenvolvemento sostible e inclusivo do territorio. Porén, a partires do segundo trimestre do 2022 ábrese o debate á cidadanía coa intención de captar a súa visión sobre os aspectos fundamentais que debe incluír a Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e crear un marco de debate que consiga os obxectivos que marca a Axenda Urbana das Nacións Unidas.

Obxectivos do proceso participativo:

A) Detectar as principais oportunidades e retos que ten ante si Santiago de Compostela

B) Recoller as propostas que se produzan, polas distintas canles que se habilitan, en forma de:

Participación telemática

Participación presencial

Para avanzar na materialización da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, os co-directores executivos, María Cadaval e Santiago Lago, están a manter unha serie de reunións cos diversos grupos de interese chamados a ter un papel principal na discusión, visibilización e difusión do proxecto e acadar o consenso e compromiso de tódalas partes. Para iso foron creados 6 Grupos de Impulso e Seguimento (GIS) que están centrados en:

Economia

1- Economía

Dimension cidada

2- Dimensión Cidadá

Axenda_mobilidade e transporte

3- Mobilidade e Territorio

4- Cohesión Social

Patrimonio

5- Educación, Patrimonio e Arte

Axenda_Terrritorio

6- Sustentabilidade e Transición Verde

Coa participación de toda a cidadanía será posible que o proceso de planificación da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela teña a lexitimación, apropiación e corresponsabilidade no desenvolvemento sostible e inclusivo do territorio.

Contacto

Se precisas máis información ou realizar algunha achega, podes contactar neste enderezo de correo electrónico:
axenda2030compostela@gmail.com
Concello de Santiago
Union europea
Plan de Recuperacion
Agenda urbana